#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuíto de apoio á programación de artes escénicas en galego

Catálogo de Espectaculos

Henriko: Circo Cambuche

  • Categoría: +TEATRO

  • Dirixido a: familiar

  • Duración do espectaculo: 50 minutos

  • Persoa representante :

  • Datos de contacto : 676 825 230 - simplemente.enricco@gmail.com

  • Páxina web do grupo : https://henriko.es/gl/Circo-Cambuche

  • Sinopsis da compañia :

    Artista autodidacta, malabarista e equilibrista dende 1999. Fundador xunto ao seu irmán da compañía “The Jazzgling Brothers” en 2003 e membro da compañía “Trapecircus” en 2017. Dende 2019 ten o seu propio proxecto artístico en solitario, “Henriko”, con varios espectáculos en activo, todos eles deseñados para rúa e público familiar, e sempre co humor como pilar fundamental, encarnando personaxes cómicos e sarcásticos pero á vez respetuosos co público e mail@s voluntari@s.

  • Sinopsis do espectaculo:

    Obra de teatro-circo que narra en clave de traxicomedia a historia dun antigo circo do século pasado, “O Circo Cambuche” Kike Castro, o derradeiro supervivente deste vello circo, lembra no presente a historia da súa familia de funambulistas e o seu amargo final. Tódolos domingos pola tarde, o noso protagonista visita a vella carpa da familia e alí, embriagado polas lembranzas do circo, xoga, maquillase e fantasea actuando para un público imaxinario. Un día, entre ese público "imaxinario", atopa unha muller moi parecida á sua avóa, "A Grande Flora Castro", equilibrista e matriarca daquela familia circense. Esta lembranza causa no noso protagonista sensacións moi especiais, que levado pola ilusión, atrévese a facer proezas que non daba atrevido dende que era cativo. O noso protagonista realiza unha viaxe á sua infancia facendo que o público viaxe tamén con él nunha especie de soño compartido. O arame convértese así nunha metáfora do fío condutor que une presente e pasado, madurez e infancia. Unha historia chea de nostalxia e tenrura.

  • Caché con IVE : 1936.0 €

  • Caché + produción técnica con IVE : 1936.0 €

  • Técnica