#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuíto de apoio á programación de artes escénicas en galego

Catálogo de Espectaculos

Ay, Cariño: Millo Vello

  • Categoría: +DANZA

  • Dirixido a: Todos os públicos

  • Duración do espectaculo: 65m

  • Persoa representante : Cris Vilariño

  • Datos de contacto : 622 468 543 - csanchez@ruta2.es

  • Páxina web do grupo : www.aycarinho.co

  • Sinopsis da compañia :

    Ay, Cariño! é unha compañía galega de recente creación (2023) impulsada por Cris Vilariño e Diego M. Buceta, ambos con unha sólida traxectoria na danza e na escena contemporánea. Estreando en 2024 os seus primeiros traballos, Millo Vello (para teatros e auditorios, coproducido polo Centro Coreográfico Galego) e WTF! (espectáculo de rúa e espazos non convencionais), a compañía aposta pola experimentación, a fusión de linguaxes e o diálogo entre corpo, espazo e memoria colectiva.

  • Sinopsis do espectaculo:

    UN ESPECTÁCULO VIVO E ORGÁNICO Danza, música en vivo, cestería e instalación performativa conviven en Millo Vello, unha experiencia escénica que convida a conectar coa natureza e os seus ciclos. Inspirado na artesanía tradicional e no ritmo do entorno, o espectáculo tece un ecosistema visual e sonoro en constante transformación. A peza toma como eixo a cestería, coa asesoría da recoñecida artesá Lola Tourón. En escena, as intérpretes crean en tempo real unha grande estrutura de pólas, evocando a construción dos niños, símbolo de fogar e refuxio. Este proceso enriquécese coa mirada de Andrés Corchero, quen acompaña a exploración do material físico en escena, potenciando a súa expresividade e relación co corpo. Ademais, o deseño de luces de Laura Iturralde xoga un papel clave, construíndo atmosferas que dialogan coa transformación do espazo e realzan a organicidade do espectáculo. A música en vivo de Rafa Mallo (Triángulo de Amor Bizarro) marca o pulso deste ritual contemporáneo cunha percusión que combina instrumentos convencionais e materiais orgánicos como follas, ósos e pedras. Millo Vello é unha invitación a redescubrir o ancestral dende o presente. Un espazo onde o tempo se expande, o pasado entrézase coa modernidade e a danza convértese nunha ponte entre xeracións.

  • Caché con IVE : 3850.0 €

  • Caché + produción técnica con IVE : 4950.0 €

  • Técnica