#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuíto de apoio á programación de artes escénicas en galego

Catálogo de Espectaculos

FRAN SIEIRA COMPAÑÍA DE DANZA: UN BAILE CEIBE

  • Categoría: +DANZA

  • Dirixido a: ADULTO

  • Duración do espectaculo: 25min

  • Persoa representante : URDIME, S. COOP. GALEGA

  • Datos de contacto : 619 920 335 - comunicacion@urdime.net

  • Páxina web do grupo : https://urdime.gal/espectaculos/Un%20baile%20ceibe/

  • Sinopsis da compañia :

    Fran Sieira Compañía de Danza foi creada para poñer en valor o folclore galego como ferramenta de inspiración e de expresión. En 2022 a compañía estreou DeMente, unha obra que aborda o estigma das patoloxías de saúde mental desde o baile e a música tradicional e que tivo unha gran acollida. Ese ano a obra formou parte da programación de Camino Escena Norte e foi finalista en sete categorías dos Premios Max, entre os cales ao mellor espectáculo de danza. En 2023 a compañía formou parte da programación do Festival Internacional de Teatro de Manizales (Colombia), a Fira Mediterrània de Manresa (Catalunya) e a Red Acieloabierto, a rede estatal de festivais de danza contemporánea en espazos non convencionais. En 2024, a compañía estreou CEIBE, un novo espectáculo de baile e música tradicional de que afonda na relación entre os roles de xénero e a nosa tradición que percorreu os principais escenarios de Galicia e de cidades como Tenerife e Valladolid. A compañía naceu en 2017 como un paso máis na carreira artística de Fran Sieira, un dos nomes de referencia na danza tradicional do país que, como bailador, formou parte de compañías profesionais galegas como GS21, Quique Peón e Cía e Nova Galega de Danza.

  • Sinopsis do espectaculo:

    Peza coreográfica para espazos non convencionais de 25 minutos de duración cun elenco de catro bailadoras e bailadores dirixida polo propio Fran Sieira. Un baile Ceibe é a adaptación coreográfica do espectáculo Ceibe en diúrno, sen iluminación nin escenografía, onde a compañía plasma a esencia das coreografías grupais máis representativas da obra. Ceibe é unha peza contemporánea reflexo do baile e a música tradicional que investiga a relación entre o xénero e a nosa tradición. Ceibe afonda en como o xénero está presente en diferentes ámbitos, incluíndo unha manifestación cultural tan importante como o baile tradicional. Ceibe trata de entender que é o xénero para nós como individuos, como colectivo e tamén como sociedade. Reflexiona sobre as categorías de xénero e os seus estereotipos impostos socialmente para establecer distancia coa normatividade e arrastrala cara as marxes para, desde aí, construír novas formas de entender o corpo e o movemento.

  • Caché con IVE : 3620.0 €

  • Caché + produción técnica con IVE : 4165.0 €

  • Técnica