#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuíto de apoio á programación de artes escénicas en galego

Catálogo de Espectaculos

TEATRO Ó CUBO: DE VILATRISTRE A VILALEGRE

  • Categoría: +TEATRO

  • Dirixido a: FAMILIAR

  • Duración do espectaculo: 50min

  • Persoa representante : URDIME, S. COOP. GALEGA

  • Datos de contacto : 619 920 335 - comunicacion@urdime.net

  • Páxina web do grupo : https://urdime.gal/espectaculos/De%20Vilatriste%20a%20Vilalegre/

  • Sinopsis da compañia :

    Teatro ó cubo é unha compañía de teatro formada por Sofía Espiñeira e Roberto Casal. A súa formación afonda nas diversas artes escénicas. Co teatro como eixo común pasando pola danza, o circo, os monicreques e a música, estes dous artistas conforman unha compañía orixinal e sorprendente na que combinan múltiples disciplinas. Dende 2016 levan producindo pezas teatrais para o público infantil e familiar. José luís Baños de Cos escribe a súa ópera prima O Faiado que Sofía, Roberto e Alfredo Pérez Muiño “Fredi” traducen ó teatro baixo a dirección de Pablo Sánchez “Pablísimo”. No verán de 2018 estrean e xiran cunha segunda creación, Ghop!, un aclamado espectáculo de teatro cómico de rúa, co mago Noel Fandiño como parte do elenco. A través de outras creacións máis recentes como Nube nube sol, Teatro ó Cubo diríxese á primeira infancia e as súas familias. A súa última montaxe é a divertidísima De Vilatriste a Vilalegre, unha coprodución co Centro Dramático Galego no seu 40 aniversario onde os actores e os monicreques se fusionan.

  • Sinopsis do espectaculo:

    Trepas é o alcume dun habitante de Vilatriste enredado inesperadamente nunha singular aventura: salvar á vila das fauces dun malvado dirixente. Xunto a unha inusual superheroína descobren a fórmula para vencer ao seu inimigo pero... funcionará? De Vilatriste a Vilalegre é unha divertidísima creación de Teatro ó Cubo en coprodución co Centro Dramático Galego no seu 40 aniversario. Beatriz Vega encárgase do deseño e a plástica, Roi Vidal crea unha disparatada trama na que se mestura identidade rural galega, superpoderes e 40 anos do Centro Dramático Galego. O resultado é unha divertida peza de títeres a bordo da “Utópica Rodante”, un vehículo que transportará o teatro por todos eses concellos que ousen acoller esta intrépida proposta.

  • Caché con IVE : 1280.0 €

  • Caché + produción técnica con IVE : 1280.0 €

  • Técnica