
#CULTURA
+ESCÉNICAS
Circuíto de apoio á programación de artes escénicas en galego
Catálogo de Espectaculos
- DESEXO. TALÍA TEATRO
- OS CONTOS DO LOBICÁN. REDRUM TEATRO
- O PEQUENO PONI. REDRUM TEATRO
- O SALÓN DOS PASOS PERDIDOS. PAULA QUINTAS CÍA
- CONTOS QUE FORON CHISTES. AVELINO GONZÁLEZ
- ERAN ELAS!. AVELINO GONZÁLEZ
- CHOLA A IT GIRL. ARTESA CÍA
- CHORA PALLASO. JUAN LUIS LAGE
- BACKSTAGE. NEGROLÓPEZ
- MULTIPERSPECTIVAS#3. PAULA QUINTAS CÍA
- CONTOS NA LAREIRA. IVÁN DAVILA
- CONTOS DE TRASNOS E MEIGALLOS. IVÁN DAVILA
- ANIMAIS ARTISTAS E OUTRAS COUSIÑAS. IVÁN DAVILA
- VAIVÉN. MARCIA VÁZQUEZ
- A NENA QUE QUERÍA NAVEGAR. REDRUM TEATRO
- PENÉLOPE: DESTECENDO O VÍNCULO . CONSTANCE HURLÉ
- PERDER A LINGUA . CIA.EVA COMESAÑA
- PUM PUM QUEN HAI?. ÁRTIKA CÍA
- MOSCA. ÁRTIKA CÍA
- NON PASARÁN. ÁRTIKA CÍA
- SOÑOS. ARTEFEITO PRODUCIONS S. COOP. GALEGA
- ROCK AND MAGIC. MAGO TETO
- AS NOSAS LETRAS. MAGO TETO
- BAMBOLINA. A FARRA XOUS
- A VIDA, UN FRENESÍ. A FARRA XOUS
- O CAMIÑO DO AFIADOR. MAGO TETO
- GLOBOTOLO. A FARRA XOUS
- OS OURIZOS AGAROMOSOS. O MUSICAL.. A FARRA XOUS
- PEQUENAS GRANDES MAXIAS. MAGO TETO
- A PARÁBOLA DO ANGAZO. TALÍA TEATRO
- VOA, VOA!. TALÍA TEATRO
- A ILLA DA DESLEMBRANZA. ÁRTIKA CÍA
- HOXE SI!. SEMPRE ARRIBA
- C´EST PAS POSSIBLE. SEMPRE ARRIBA
- ASFIXIA. VÓRTICE ESCÉNICO
- TITIRICIRCUS. TANXARINA
Viravolta títeres: Todos ao balcón
Categoría: +TEATRO
Dirixido a: Todos públicos
Duración do espectaculo: 50 min
Persoa representante :
Datos de contacto : 645 137 031 - info@viravolta.es
Páxina web do grupo : https://viravoltatiteres.wordpress.com/espectaculos/todos-ao-balcon/
Sinopsis da compañia :
Nos anos `80 Anxo García, Pilar Álvarez e Xulio Balado formamos a compañía Viravolta títeres, unha das máis antigas de Galicia. Xunto a outras recoñecidas compañías contribuímos a revitalizar a marioneta na década dos oitenta a través da Asociación de titiriteiros galegos e as accións que desenvolveu (Domingos de furabolos, edicións do festival de titiriteiros galegos...). A nosa variada produción escénica comeza no ano 1982 e mostra as diferentes técnicas e modos deste singular teatro. Temos un repertorio de diversos formatos: animacións de rúa, espectáculos de medio e gran formato, en moitos deles combinamos as marionetas coa música. Nestes anos vimos participando nas programacións estables da AGADIC, noutras da Consellería de Cultura (Ler conta moito, FalaRedes), … así coma en festivais tanto en Galiza como no resto da península (Mostra Xeración Nos, MIT de Ribadavia, FIT de Redondela, Galicreques, Festival de Títeres de Soria, Fira Internacional de Teatro de Titelles de Lleida, Festitíteres de Alicante, Festival de Titiriteros y Trotamundos de Hervás, Mostra de Teatro Cómico e Festivo de Cangas, Festival Parque de las Marionetas Zaragoza, Festival de títeres de Las Merindades…). Formamos parte da Asociación Morreu o Demo para o coñecemento e a recuperación da nosa marioneta popular mediante iniciativas en todas as disciplinas artísticas (representacións dramáticas, exposicións, Titiriberia, publicacións, cafés da memoria, Programa da Barraca a Aula...)e en colaboración con outras institucións para por en valor a Barriga Verde, marioneta popular galega herdeira da tradición europea. Viravolta títeres dirixiu o Museo Galego da Marioneta, proxecto compartido co Concello de Lalín no Pazo de Liñares. Neste emprazamento a compañía desenvolveu unha programación non exclusivamente centrada na marioneta que amplía e complementa o Titirideza e o Titerentroido
Sinopsis do espectaculo:
Todos o balcón!! trata de recoller a tradición do teatro de títeres popular europeo. Nun retablo como os que se contemplaban nas festas e feiras que achegaban a través da cachiporra a crítica ao poder tanto eclesiástico como civil. Viaxamos pola cultura europea. A cachiporra que é unha parte máis do corpo Pulcinella, personaxe da Commedia dell’Arte que se extende por toda Europa emparentando ao Punch inglés, o Guignol francés, o Kasparek checo co Don Cristóbal español, o Pericu catalán, o Dom Roberto portugués… e o Barriga Verde galego. En Todos o balcón! aparecen os arquetipos que recorren o teatro de monicreques popular. O Padre (cura) , Don Acacio (o indiano retornado), Paulino (policía), Teódulo (alcalde, representante da autoridade), Veleutina (a moza)… Tanto os diálogos como as accións móvense en tempo allegreto nun pequeno retablo de marionetas de luva e nunha estilizada escenografía.
Caché con IVE : 1452.0 €
Caché + produción técnica con IVE : 1452.0 €