#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuíto de apoio á programación de artes escénicas en galego

Catálogo de Espectaculos

BÁTEGA TEATRO: DIVERS@S

  • Categoría: +TEATRO

  • Dirixido a: INFANTIL (A PARTIR DE 3 ANOS)

  • Duración do espectaculo: 55 MINUTOS

  • Persoa representante : María Raquel López Cendán

  • Datos de contacto : 649 612 920 - raquel.lcendan@gmail.com

  • Páxina web do grupo : https://www.facebook.com/batega.teatro

  • Sinopsis da compañia :

    Bátega é un proxecto multidisciplinar que mestura monólogos e cancións, humor, partituras físicas e filosóficas, contos, harmonías que falan... coa intención de percorrer e transmitir toda a paleta imaxinable de emocións. En 2015 presentaron o seu primeiro traballo: A fábrica e a tristura en Vilamartín de Valdeorras. Ao que seguiron: A síntese (2016), A dúbida e a doutrina (2016), Amordazadas (2018) e DiverS@S (2019). En decembro de 2020 estrean no Valadouro O Mundo de Martiña, o que supón o seu comezo no teatro profesional. En setembro de 2024 en Meira estréase O Pano

  • Sinopsis do espectaculo:

    Había unha vez un verme moi espilido pero sen nome, ao que un día lle medraron unhas fermosas alas de cores nas costas. Ese día descobríu que o seu nome era e sempre fora Bolboreta. Bolboreta botou a voar na procura do seu lugar no mundo. Así, coñeceu a Monstro Rosa que vivía nun mundo no que todo, absolutamente todo, era branco. Coñeceu tamén a Cadradiño, que tiña que durmir sempre fóra porque todos os seus veciños eran redondos e só facían habitacións redondas. Bolboreta fíxose moi amiga da gran saxofonista Amanda a Panda, tamén de Paco o Macaco, o mellor intérprete de kazoo do mundo, ou a Leoa Leonarda que era vegana e tan fraca que a súa manda non gostaba dela, mais ninguén semellaba decatarse de que estes tres personaxes e algúns outros grandes amigos e amigas de Bolboreta acabarían por convertirse en lendas.

  • Caché con IVE : 550.0 €

  • Caché + produción técnica con IVE : 550.0 €

  • Técnica