
#CULTURA
+ESCÉNICAS
Circuíto de apoio á programación de artes escénicas en galego
Catálogo de Espectaculos
- DESEXO. TALÍA TEATRO
- OS CONTOS DO LOBICÁN. REDRUM TEATRO
- O PEQUENO PONI. REDRUM TEATRO
- O SALÓN DOS PASOS PERDIDOS. PAULA QUINTAS CÍA
- CONTOS QUE FORON CHISTES. AVELINO GONZÁLEZ
- ERAN ELAS!. AVELINO GONZÁLEZ
- CHOLA A IT GIRL. ARTESA CÍA
- CHORA PALLASO. JUAN LUIS LAGE
- BACKSTAGE. NEGROLÓPEZ
- MULTIPERSPECTIVAS#3. PAULA QUINTAS CÍA
- CONTOS NA LAREIRA. IVÁN DAVILA
- CONTOS DE TRASNOS E MEIGALLOS. IVÁN DAVILA
- ANIMAIS ARTISTAS E OUTRAS COUSIÑAS. IVÁN DAVILA
- VAIVÉN. MARCIA VÁZQUEZ
- A NENA QUE QUERÍA NAVEGAR. REDRUM TEATRO
- PENÉLOPE: DESTECENDO O VÍNCULO . CONSTANCE HURLÉ
- PERDER A LINGUA . CIA.EVA COMESAÑA
- PUM PUM QUEN HAI?. ÁRTIKA CÍA
- MOSCA. ÁRTIKA CÍA
- NON PASARÁN. ÁRTIKA CÍA
- SOÑOS. ARTEFEITO PRODUCIONS S. COOP. GALEGA
- ROCK AND MAGIC. MAGO TETO
- AS NOSAS LETRAS. MAGO TETO
- BAMBOLINA. A FARRA XOUS
- A VIDA, UN FRENESÍ. A FARRA XOUS
- O CAMIÑO DO AFIADOR. MAGO TETO
- GLOBOTOLO. A FARRA XOUS
- OS OURIZOS AGAROMOSOS. O MUSICAL.. A FARRA XOUS
- PEQUENAS GRANDES MAXIAS. MAGO TETO
- A PARÁBOLA DO ANGAZO. TALÍA TEATRO
- VOA, VOA!. TALÍA TEATRO
- A ILLA DA DESLEMBRANZA. ÁRTIKA CÍA
- HOXE SI!. SEMPRE ARRIBA
- C´EST PAS POSSIBLE. SEMPRE ARRIBA
- ASFIXIA. VÓRTICE ESCÉNICO
- TITIRICIRCUS. TANXARINA
Elahood: Intempestiva
Categoría: +DANZA
Dirixido a: Todos os públicos
Duración do espectaculo: 18min
Persoa representante : Amarelo / Lilian Portela
Datos de contacto : 610 106 808 - lilian@amarelo.es
Páxina web do grupo : www.elahood.com
Sinopsis da compañia :
EIahood é unha compañía galega de danza urbana e creación contemporánea formada por Sabela Domínguez e Julia Laport no ano 2017. A compañía aposta por visibilizar as danzas urbanas como un medio de expresión lexítimo na danza profesional, sosteñen unha visión artística clara e directa, caracterizada pola súa linguaxe visual e musical cunha mirada cara fóra. En xaneiro de 2018 estrean o seu primeiro espectáculo de longo formato A Soidade de Wally. Tamén contan con pezas curtas para rúa e espazos non convencionais; Impermeable (2018), Protocolo (2018), NOUA (2019) e Desvendando os meus pés (2021) coas que participan en diversos festivais; Festival Corpo(a)Terra, Festival Rúa ExtCénica, Festival Vai de Rúa, Festival Quincegotas e Loop Festival en Portugal. A perspectiva de xénero e queer forma parte intrínseca da identidade de Elahood, motivándoas a presentar as súas creacións en contextos como o Festival Elas Son Artistas, o Proxecto de Acción Artística Violencia Zero ou o Festival Versión Orixinal, DT Espazo Escénico (Madrid). Profesionalmente, tamén colaboran con outras compañías na creación e interpretación de proxectos escénicos: A love letter to humanity de Rachel Kay (2018), Clásicas Desfeitas Volume III: Orlando, A Consagración da Primavera e o Mito de Sísifo, unha co-produción entre o Centro Dramático Galego e a Cidade da Cultura (2021) e Replay 2.0 de Pisando Ovos (2021). No mes de xullo de 2021 estrean o seu novo espectáculo para rúa e espazos non convencionais Intempestiva, unha peza de danza urbana inspirada na figura da recoñecida autora galega Xela Arias. Comparten este traballo en numerosos festivais e programacións e veñen de gañar o Primeiro Premio e o Premio da Crítica no Certamen Coreográfico de Madrid (2021) e o Premio a Mellor Espectáculo na Plataforma Diálogos Contemporáneos do Festival DZM de Cáceres (2021). O pasado mes de febreiro de 2022, estrean o seu novo espectáculo para teatros e auditorios, NÓ, unha co-produción co Centro Coreográfico Galego, da man de Gena Baamonde, Aina Lanas e Kenrick Sandy, con próximas paradas no Teatro Rosalía de Castro e no ciclo Lugo en Danza. A súa actividade escénica vese acompañada dunha gran presenza na comunidade urbana, impulsando e participando en varios proxectos e eventos tanto a nivel nacional como internacional (Milan, Seoul, Paris, Bangkok...). Combinan isto co seu papel pedagóxico onde levan a cabo numerosas formacións tanto presenciais dentro da comarca, como en liña onde participan bailaríns de diferentes países. Son coreógrafas e directoras do Colectivo D'elas. ESPECTÁCULOS A Soidade de Wally (2018) Impermeable (2018) Protocolo (2018) NOUA (2019) Desvendando os meus pés (2021) Intempestiva (2021) NÓ (2022) PREMIOS Primeiro Premio e Premio da Crítica por Intempestiva CERTAMEN COREOGRÁFICO DE MADRID (2021) Premio Mellor Espectáculo por Intempestiva PLATAFORMA DIÁLOGOS CONTEMPORÁNEOS FESTIVAL DZM (2021)
Sinopsis do espectaculo:
Inspirada na obra e na figura da recoñecida autora Xela Arias (galardoada coas Letras Galegas 2021), Intempestiva é un espectáculo de danza para rúa e espazos non convencionais con 17 minutos de duración. A proposta conta con Julia Laport e Sabela Domínguez na coreografía e interpretación, con Gena Baamonde na dramaturxia escénica e co espazo sonoro a cargo de LLXNTO & Bruno Baw. INTEMPESTIVA 1. Que se fai ou ocorre nun momento que non convén. 2. Que non é o máis axeitado, por non ser o habitual ou acostumado. PRIMER PREMIO NO CERTAMEN COREOGRÁFICO DE MADRID 2021 MELLOR PEZA NO CERTAMEN DIÁLOGOS CONTEMPORÁNEOS DO FESTIVAL DZM (CÁCERES 2021) A PEZA Como a poesía de Xela, Elahood sempre está na dúbida de cal é o lugar correcto, rexeitando os cánones tradicionais e mostrando unha certa “rebeldía” na súa creación. Un limbo no que costa atopar o equilibrio, apostar por unha linguaxe persoal que atende á creación contemporánea baixo os movementos culturais urbáns. Os puntos de encontro entre a linguaxe de Elahood e a poesía de Xela Arias son constantes. Na súa obra, Xela atopa nas rúas e nos espazos públicos os coidados e os afectos. As danzas urbanas tamén xorden en rúas e clubs, acompañadas de movementos sociais que fomentan o intercambio cultural e a creación dunha identidade compartida. Intempestiva plantéxase como un exercicio de liberdade e desobediencia. Xela Arias fai poesía en movemento, con contrastes, dinamismo, xogando coas regras ortográficas e os formatos, tamén a danza da compañía galega xoga con ritmos, fragmentacións, contrastes e desequilibrios. Intempestiva traslada os versos de Xela Arias aos corpos de Elahood, nunha viaxe compartida coas audiencias, desde unha mirada feminina desbordada no movemento e na danza. "Un retrato en movemento da axitación creativa das novas xeracións."
Caché con IVE : 1430.0 €
Caché + produción técnica con IVE : 1760.0 €