#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuíto de apoio á programación de artes escénicas en galego

Catálogo de Espectaculos

Raquel Ferradás: Mesura

  • Categoría: +DANZA

  • Dirixido a: todos os públicos

  • Duración do espectaculo: 20

  • Persoa representante : Amarelo

  • Datos de contacto : 610 106 808 - lilianta@gmail.com

  • Páxina web do grupo : https://www.amarelo.es/gl/mesura

  • Sinopsis da compañia :

    Raquel Ferradás é bailarina e docente de danza contemporánea e moderna. Formada no Conservatorio Carmen Roche en Madrid (2017) e o Grao Elemental de Ballet Clásico nos Consevatorios Coppelia e Mayeusis de Vigo, complementando a formación con monográficos de coreógrafas e creadoras de primeiro nivel nacional e europeo. Actualmente coproduce Mesura, un solo para rúa, con AMARELO Distribución Escénica tras o programa de acompañamento a emerxentes Da Man, quese estrena en maio 2024. Baila ou bailou, entre outros espectáculos, en: O Salón dos pasos Perdidos de Paula Quintas Cía desde 2023. Mi me conmigo da Cía La Galga, 2023 Ludo da Cía La Galga, 2021 Entre almendras anda el juego de Aracaladanza, 2022 El Viaje de Cía Ballet Carmen Roche, 2016- 2018 Recreo de Cía Ballet Carmen Roche, 2016-2018 É premiada no Certame Coreográfico Compostela 2021 coa peza Ludo de Cía LaGalga e gañadora do Certamen Carmen Roche co dúo De mayorquiero ser… e Los puntos suspensivos que decidas con Lydia Martínez. Recibe o premio Recorrido SóLODOS no Festival SóLODOS En Danza Ourense 2024 ca peza Mesura.

  • Sinopsis do espectaculo:

    Mesura bailalle á espera nos diferentes momentos da vida. O movemento reflexa a imaxe do mar, cando está en calma, tranquilo, e tamén cando as furiosas embestidas irrumpen sen previo aviso. Mesura transmite a continua transformación dos mares desesperados que arrastran tristes penas e as fan avanzar, unhas veces de forma automatica e outras máis consciente. Tráenos unha corrente de aire que tal vez afoga pero nos devolve un fresco aroma a salitre.

  • Caché con IVE : 770.0 €

  • Caché + produción técnica con IVE : 935.0 €

  • Técnica