#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuíto de apoio á programación de artes escénicas en galego

Catálogo de Espectaculos

BARAFUNDA: XAN DAS ONDAS [Contacontos Teatralizado]

  • Categoría: +TEATRO

  • Dirixido a: Público familiar

  • Duración do espectaculo: 50 minutos

  • Persoa representante : BARAFUNDA

  • Datos de contacto : 629 383 536 - barafunda@barafundaanimacion.com

  • Páxina web do grupo : https://www.barafundaanimacion.com/

  • Sinopsis da compañia :

    BARAFUNDA é unha entidade que, coa súa enerxía e creatividade, adícase principalmente ao público infantil, ofrecendo unha ampla variedade de propostas que van desde a animación e o teatro ata a edición de contidos. Con paso firme, foi ampliando o seu alcance a múltiples ámbitos, como animacións de rúa, contacontos teatralizados, arte e decoración con globos, espectáculos de clown, maxia e unha gran diversidade de actividades e xogos. A través destas iniciativas, non só entretén, senón que tamén promove e posiciona a nosa cultura e valores sociais na vangarda, converténdose nun referente a nivel galego no eido lúdico e educativo e cultural. BARAFUNDA é unha empresa versátil e dinámica, con infinidade de posibilidades que se adapta a cada público e ocasión, co obxectivo de conseguir o máis preciado dos logros: os sorrisos. Tanto do público como das entidades que confían no noso traballo, recibimos o recoñecemento de ser unha ponte entre a diversión e a transmisión de valores esenciais, como a inclusión, a creatividade e o respecto pola nosa identidade cultural.

  • Sinopsis do espectaculo:

    Sinopse: Xan é un rapaz ao que lle gusta moito o mar. Unha mañá descobre que o mar xa non ten ondas e parece que está moi enfermo. Así que, emprende unha gran aventura adentrándose no máis profundo dos océanos para descubrir por qué o mar non ten ondas. Nesta viaxe Xan fará moitos amigos e coñecerá os habitantes dos mares. Conseguirá Xan salvar o mar da súa doenza? Un contacontos infantil con monicreques baseado no conto co mesmo e cunha forte men-saxe entorno

  • Caché con IVE : 995.0 €

  • Caché + produción técnica con IVE : 995.0 €

  • Técnica