#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuíto de apoio á programación de artes escénicas en galego

Catálogo de Espectaculos

Tanxarina: Titiricircus

  • Categoría: +TEATRO

  • Dirixido a: Familiar

  • Duración do espectaculo: 50

  • Persoa representante : Tanxarina

  • Datos de contacto : 610 442 602 - tanxarina@tanxarina.es

  • Páxina web do grupo : https://tanxarina.es/es/titiricircus/

  • Sinopsis da compañia :

    A compañía TANXARINA TITERES foi fundada no ano 1.983, por varios ex-alumnos de Harry Tozer, profesor de construción e manipulación de marionetas de fíos do Institut del Teatre de Barcelona, e tamén outros profesionais galegos do teatro infantil e xuvenil . Dende entón converteuse nunha das formacións mais recoñecidas e prestixiosas do teatro de títeres galego tanto dentro como fora de Galicia. Dedícase prioritariamente á produción e distribución de espectáculos dirixidos a todo tipo de públicos: infantil, xuvenil e familiar; onde se combinan diversas técnicas de animación de monecos có traballo actoral dos propios manipuladores. Marionetas de fíos, títeres de luva, de variñas, sombras chinas , bunrakus e outros gañan así en forza expresiva e comicidade. Esa relación escénica entre títeres e actores vén sendo unha das señas de identidade da compañía dende os seus primeiros espectáculos.

  • Sinopsis do espectaculo:

    Trátase dunha lembranza fantástica e festiva do grande circo de carpa alta e bicolor: a historia de dous vellos traballadores daquel circo que lembran agora con marionetas de fíos as glorias do seu pasado na pista. Nun permanente xogo participativo co público, van aparecendo os números máis importantes daquel vello circo xa desaparecido: o home máis forte da Península Ibérica, o malabarista máis divertido e bailadeiro do mundo.... un espectáculo único que mestura circo, marionetas e moito humor , ¡para todas as idades!

  • Caché con IVE : 1815 €

  • Caché + produción técnica con IVE : 2085 €

  • Técnica