#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuíto de apoio á programación de artes escénicas en galego

Catálogo de Espectaculos

Garaxe Hermenéutico: Terracultores

  • Categoría: +TEATRO

  • Dirixido a: infantil e familiar

  • Duración do espectaculo: 60

  • Persoa representante : CHARLATANA

  • Datos de contacto : 645 053 589 - charlatana@charlatana.org

  • Páxina web do grupo : https://drive.google.com/file/d/1g3TR-v4dDIZrmv0uB07DuxgIWHBXEOOP/view

  • Sinopsis da compañia :

    No 2016 nace a compañía O GARAXE HERMENÉUTICO, que presenta a sua primeira montaxe, A viaxe de Nora, unha adaptación de Casa de bonecas de H.Ibsen. No 2018 chega a estrea de E se os soños se cumpren, unha comedia musical para todas as idades. No 2024, a compañía remata a posta en escena do seu novo espectáculo: Os Terracultores.

  • Sinopsis do espectaculo:

    Avelino é un Terracultor. Pertence a unha sociedade de persoas que loitan pola vida no planeta Terra. Na súa casa, Avelino recupera árbores enfermas e maltratadas. Un bo día chega unha alieníxena con malas intencións. Alma é unha exploradora do planeta Trumpun, un mundo que está a piques de colapsar, e pretende amañar as cousas para que o exército do seu planeta extermine aos terrícolas. Os trumpianos queren invadir a Terra e converterse nos donos do noso planeta. Despois dun primeiro encontro difícil, os dous personaxes atopan un vínculo. Alma entende a misión de Avelino e muda no seu propósito. Fará todo o que está na súa man para evitar a invasión do exercito trumpiano, e será unha Terracultora. Unha fábula ecolóxica onde a ciencia ficción se une coa realidade do noso planeta. Todo adobado con moita poesía, música, humor, amor a natureza e fe no consumo de proximidade e as actitudes responsables co lugar no que vivimos.

  • Caché con IVE : 2100.0 €

  • Caché + produción técnica con IVE : 3300.0 €

  • Técnica