
#CULTURA
+ESCÉNICAS
Circuíto de apoio á programación de artes escénicas en galego
Catálogo de Espectaculos
- DESEXO. TALÍA TEATRO
- OS CONTOS DO LOBICÁN. REDRUM TEATRO
- O PEQUENO PONI. REDRUM TEATRO
- O SALÓN DOS PASOS PERDIDOS. PAULA QUINTAS CÍA
- CONTOS QUE FORON CHISTES. AVELINO GONZÁLEZ
- ERAN ELAS!. AVELINO GONZÁLEZ
- CHOLA A IT GIRL. ARTESA CÍA
- CHORA PALLASO. JUAN LUIS LAGE
- BACKSTAGE. NEGROLÓPEZ
- MULTIPERSPECTIVAS#3. PAULA QUINTAS CÍA
- CONTOS NA LAREIRA. IVÁN DAVILA
- CONTOS DE TRASNOS E MEIGALLOS. IVÁN DAVILA
- ANIMAIS ARTISTAS E OUTRAS COUSIÑAS. IVÁN DAVILA
- VAIVÉN. MARCIA VÁZQUEZ
- A NENA QUE QUERÍA NAVEGAR. REDRUM TEATRO
- PENÉLOPE: DESTECENDO O VÍNCULO . CONSTANCE HURLÉ
- PERDER A LINGUA . CIA.EVA COMESAÑA
- PUM PUM QUEN HAI?. ÁRTIKA CÍA
- MOSCA. ÁRTIKA CÍA
- NON PASARÁN. ÁRTIKA CÍA
- SOÑOS. ARTEFEITO PRODUCIONS S. COOP. GALEGA
- ROCK AND MAGIC. MAGO TETO
- AS NOSAS LETRAS. MAGO TETO
- BAMBOLINA. A FARRA XOUS
- A VIDA, UN FRENESÍ. A FARRA XOUS
- O CAMIÑO DO AFIADOR. MAGO TETO
- GLOBOTOLO. A FARRA XOUS
- OS OURIZOS AGAROMOSOS. O MUSICAL.. A FARRA XOUS
- PEQUENAS GRANDES MAXIAS. MAGO TETO
- A PARÁBOLA DO ANGAZO. TALÍA TEATRO
- VOA, VOA!. TALÍA TEATRO
- A ILLA DA DESLEMBRANZA. ÁRTIKA CÍA
- HOXE SI!. SEMPRE ARRIBA
- C´EST PAS POSSIBLE. SEMPRE ARRIBA
- ASFIXIA. VÓRTICE ESCÉNICO
- TITIRICIRCUS. TANXARINA
Seisdedos marionetas tradicionais: Toribio de Mañón
Categoría: +TEATRO
Dirixido a: Todos públicos
Duración do espectaculo: 60 min
Persoa representante :
Datos de contacto : 645 137 031 - anxoliticos@gmail.com
Páxina web do grupo : https://viravoltatiteres.wordpress.com/espectaculos/vida-crimes-e-prision-de-toribio-de-manon/
Sinopsis da compañia :
Anxo García ten unha longa traxectoria como director, actor e manipulador. É membro fundador de Viravolta Títeres e de Seisdedos Marionetas Tradicionais, compañías nas que dirixe a maioría dos espectáculos, manipula os bonecos e elabora as escenografías. Nos anos oitenta xunto a outros titiriteiros e titiriteiras funda a Asociación de titiriteiros galegos que mediante accións reivindicativas e programacións conseguen revitalizar a marioneta como unha das formas teatrais que potenciaron o rexurdimento do teatro galego (Os domingos de furabolos, Festival de titiriteiros galegos...). Ten máis de 35 anos de experiencia xunto con Viravolta e 30 con Seisdedos, compañía centrada na produción de espectáculos de pequeno formato aptos para representar en rúas, pequenos locais, cole-xios, bibliotecas, etc. Como marca de Seisdedos, sempre está a combinación de técnicas de actor con técnicas dos monicreques. Os espectáculos de Seisdedos participan nas programacións estables de organismos públicos e priva-dos como a Consellería de Cultura, RGS e RGMV, Ler conta moito, campañas de animación a lectu-ra, a Fundación María José Jove … en festivais tanto en Galiza como no resto da península. Mostras "Xeración Nos”; MIT de Ribadavia; FIT de Redondela; Galicreques; Festival de títeres de Soria; Fira internacional de teatro de titelles de Lleida; Festitíteres de Alicante; Festival de Titiriteros y trotamundos de Hervás, Mostra de teatro cómico e festivo de Cangas… Ademais Anxo García desenvolve unha labor investigadora e de recuperación do títere tradicional. Neste sentido temos que destacar que é membro fundador da Asociación Morreu o Demo para o coñecemento e a recuperación da nosa marioneta popular. Para lograr este obxectivo propón iniciati-vas en todas as disciplinas artísticas (representacións dramáticas, exposicións, o festival Titiriberia, publicacións, cafés da memoria...) en colaboración con outras institucións pero sempre co fin de por en valor a Barriga Verde, marioneta popular galega herdeira da tradición europea. A súa labor investigadora tamén se dirixe de cara a dignificación dos títeres en xeral manifestada na creación e xestión do Museo Galego da Marioneta, xunto a Pilar Álvarez e Xulio Balado, proxecto compartido co Concello de Lalín no Pazo de Liñares. COLABORACIÓNS: Entre moitas colaboracións con artistas de diferentes disciplinas destacamos: Carlos Quintá: acordeonista, compositor e profesor da ETRAD de Vigo, membro de Linho do Cuco, ven colaborando en diferentes proxectos e con diferentes compañías teatrais de Galicia desde o 2007. Fran Lareu: formado na ESAD é un recoñecido actor e membro fundador da compañía Il Maquinario Teatro (O home almofada, Perplexo e Resaca). Desde fai máis de dez anos colabora con Viravolta e con Seisdedos como actor, titiriteiro e músico, así como con outras compañías. Luis Iglesias: a súa formación é de actor en infinidade de cursos non formais, dende fai máis de dez anos decidiu dedicar a súa carreira actoral ao mundo do títere e do teatro de rúa. Ademais de desen-volver proxectos propios colabora con Viravolta e con Seisdedos como actor, titiriteiro e músico, así como con outras compañías. A súa vez Anxo García colabora habitualmente en producións e proxectos diversos doutras compa-ñías.
Sinopsis do espectaculo:
Recreación con formas do teatro popular, onde se contan as andanzas que lle deron sona a Mamede Casanova “Toribio de Mañón”, famoso bandoleiro galego de principios do século XX, e que levaron os seus ósos o cárcere. Nestas andanzas inspirouse Ramón María del Valle-Inclan para escribir a súa obra “Las galas del difunto.
Caché con IVE : 880.0 €
Caché + produción técnica con IVE : 880.0 €