#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuíto de apoio á programación de artes escénicas en galego

Catálogo de Espectaculos

LaGriot'te: O Rexurdimento do Divino Sainete

  • Categoría: +TEATRO

  • Dirixido a: Xove - Adulto

  • Duración do espectaculo: 60 minutos

  • Persoa representante : Culturactiva

  • Datos de contacto : 658 689 282 - producciones@lagriotte.es

  • Páxina web do grupo : https://www.lagriotte.es/o-rexurdimento-do-divino-sainete/

  • Sinopsis da compañia :

    LaGriot'te é unha compañía fundada e dirixida por: o director de escea e xestor cultural Nazan L. Bamio e a actriz e directora de movemento Sandra Gade. O nome da compañía non é baladí senon unha homenaxe ás linaxes familiares de Griots existentes en África. O Griot ou a Griot é a persoa encargada de manter viva a cultura e tradición do pobo (poemas, cancións, historias, lendas...). Un lixero olvido, e o pobo quedará ferido de por vida ó desprenderse da súa historia un anaco que lles pertencía. Pese a que as homenaxes teñen algo de poético, no noso caso é decisión ideolóxica e política. Un teatro que non olvida para recordar as raíces do noso presente. Coa súa primeira produción, Jácara para un pícaro o la España negra, a compañía recibiu varios premios e recoñecementos: 1º premio do público e 3º premio do xurado no Festeloff, obra seleccionada no Festival SURGE Madrid 2021, residencia artística en espazos escénicos no territorio nacional (INAEM), espectáculo dentro da Red de Teatros de Extremadura e Andalucía.

  • Sinopsis do espectaculo:

    LaGriot’te, decidida a queimar o teatro para desfacerse das historias, vese sorprendida pola aparición de Curros cunha soa petición: acompañalo. A nosa xograresa verase envolta nunha viaxe no tren dos Sete Pecados dirección Jacobusland, corte penal última da moralidade do Estado. En cada un dos vagóns un pecado capital é representado a través de persoas e situacións da vida de Curros. Detrás deles, os Xornalistas, os perseguen retorcendo a realidade para conseguir unha boa historia no nome da verdade. Un espectáculo visual, como os que caracterizan á compañía LaGriot’te, no que se traslada o universo creado por Curros para falar de intolerancia, extremismo, censura e autocensura, as guerras incivís que nos rodean, a corrupción, moral ou económica… e todo a través da ironía, a sátira e o humor. Quizáis, o que dibuxou Curros na súa obra fai máis dun século, non dista tanto dos nosos días. Ou si?

  • Caché con IVE : 3300.0 €

  • Caché + produción técnica con IVE : 3800.0 €

  • Técnica