
#CULTURA
+ESCÉNICAS
Circuíto de apoio á programación de artes escénicas en galego
Catálogo de Espectaculos
- DESEXO. TALÍA TEATRO
- OS CONTOS DO LOBICÁN. REDRUM TEATRO
- O PEQUENO PONI. REDRUM TEATRO
- O SALÓN DOS PASOS PERDIDOS. PAULA QUINTAS CÍA
- CONTOS QUE FORON CHISTES. AVELINO GONZÁLEZ
- ERAN ELAS!. AVELINO GONZÁLEZ
- CHOLA A IT GIRL. ARTESA CÍA
- CHORA PALLASO. JUAN LUIS LAGE
- BACKSTAGE. NEGROLÓPEZ
- MULTIPERSPECTIVAS#3. PAULA QUINTAS CÍA
- CONTOS NA LAREIRA. IVÁN DAVILA
- CONTOS DE TRASNOS E MEIGALLOS. IVÁN DAVILA
- ANIMAIS ARTISTAS E OUTRAS COUSIÑAS. IVÁN DAVILA
- VAIVÉN. MARCIA VÁZQUEZ
- A NENA QUE QUERÍA NAVEGAR. REDRUM TEATRO
- PENÉLOPE: DESTECENDO O VÍNCULO . CONSTANCE HURLÉ
- PERDER A LINGUA . CIA.EVA COMESAÑA
- PUM PUM QUEN HAI?. ÁRTIKA CÍA
- MOSCA. ÁRTIKA CÍA
- NON PASARÁN. ÁRTIKA CÍA
- SOÑOS. ARTEFEITO PRODUCIONS S. COOP. GALEGA
- ROCK AND MAGIC. MAGO TETO
- AS NOSAS LETRAS. MAGO TETO
- BAMBOLINA. A FARRA XOUS
- A VIDA, UN FRENESÍ. A FARRA XOUS
- O CAMIÑO DO AFIADOR. MAGO TETO
- GLOBOTOLO. A FARRA XOUS
- OS OURIZOS AGAROMOSOS. O MUSICAL.. A FARRA XOUS
- PEQUENAS GRANDES MAXIAS. MAGO TETO
- A PARÁBOLA DO ANGAZO. TALÍA TEATRO
- VOA, VOA!. TALÍA TEATRO
- A ILLA DA DESLEMBRANZA. ÁRTIKA CÍA
- HOXE SI!. SEMPRE ARRIBA
- C´EST PAS POSSIBLE. SEMPRE ARRIBA
- ASFIXIA. VÓRTICE ESCÉNICO
- TITIRICIRCUS. TANXARINA
Carmen Domech: O Grúfalo
Categoría: +TEATRO
Dirixido a: A partir de 3 anos
Duración do espectaculo: 55
Persoa representante : Carmen Domech
Datos de contacto : 627 416 836 - brincadeiraedicions@gmail.com
Páxina web do grupo : https://carmendomech.com/
Sinopsis da compañia :
Carmen Domech Narradora, titiriteira, buscadora de ecos cos que falar e de historias e contos cos que descubrir o mundo e viaxar. Comezou a súa andaina na narración oral no ano 1987 como membro fundador do colectivo Dingolondango en Madrid. A partir de aí nunca deixou de contar contos. Veu a vivir a Galicia no 1993 e nun par de meses comezou a contar en galego e así continuou a súa andaina de narradora por todo o noso país e máis aló.
Sinopsis do espectaculo:
Tres historias acontecen na fraga. "O Grúfalo" está baseado no texto do libro de Julia Donaldson e nas ilustracións de Axel Scheffer para o deseño dos monicreques. Conta a historia dun ratiño que pasea pola fraga e se atopa cun raposo, cun moucho e cunha serpe. Os tres queren papalo. O enxeñoso ratiño crea un monstro imaxinario para sobrevivir. E cal é a súa sorpresa cando ve fronte a el a súa fantasía feita realidade. E con ganas de merendar... ratiños, por exemplo. Pero o noso rato, coa súa intelixencia, valentía, astucia e confianza en si mesmo sobrevivirá a todos eses depredadores máis feroces e fortes ca el. "Shhh! Temos un plan". Baseado no libro de Chris Haughton. Catro amigos van pola fraga; ao ver un paxariño, queren cazalo. Salvo o máis pequeno, que decide axudalo para que poida vivir en paz. Non todos os plans perseguen o mesmo... Unha divertida historia chea de acción e alegría de vivir. "Na fraga". Os chíos do paporroibo contan o que acontece na fraga. As historias das árbores, da raposa, do xabarín. Historias con sorpresas que nos fan rir.
Caché con IVE : 400.0 €
Caché + produción técnica con IVE : 400.0 €