#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuíto de apoio á programación de artes escénicas en galego

Catálogo de Espectaculos

CULTURACTIVA PRODUCIÓNS: CASTELAO

  • Categoría: +TEATRO

  • Dirixido a: familiar

  • Duración do espectaculo: 60 minutos

  • Persoa representante : CULTURACTIVA S. COOP. GALEGA

  • Datos de contacto : 656 785 469 - info@culturactiva.org

  • Páxina web do grupo : https://www.culturactiva.org/gl/espectaculo/castelao

  • Sinopsis da compañia :

    Culturactiva Producións somos unha compañía e produtora que fai realidade as necesidades reais dos programadores e programadoras, froito do noso coñecemento do sector como distribuidora. Con pezas como Falar sen Cancelas, Sénior ou Saaabor! no noso haber, temos unha produción teatral constante con espectáculos adaptados a todo tipo de espazos e requerimentos, a datas sinaladas e sempre creamos pensando no público ao que nos diriximos. O humor e a versatilidade son as nosas señas de identidade.

  • Sinopsis do espectaculo:

    Castelao é unha figura capital da historia das artes en Galicia e non contaba ata agora cunha proposta escénica para a infancia. Vimos a poñer remedio a isto cun gran equipo: un texto de Paula Carballeira coa dirección de Fina Calleja e con Mónica Camaño e Cris Collazo en escena.

  • Caché con IVE : 2120 €

  • Caché + produción técnica con IVE : 2350 €

  • Técnica