
#CULTURA
+ESCÉNICAS
Circuíto de apoio á programación de artes escénicas en galego
Catálogo de Espectaculos
- DESEXO. TALÍA TEATRO
- OS CONTOS DO LOBICÁN. REDRUM TEATRO
- O PEQUENO PONI. REDRUM TEATRO
- O SALÓN DOS PASOS PERDIDOS. PAULA QUINTAS CÍA
- CONTOS QUE FORON CHISTES. AVELINO GONZÁLEZ
- ERAN ELAS!. AVELINO GONZÁLEZ
- CHOLA A IT GIRL. ARTESA CÍA
- CHORA PALLASO. JUAN LUIS LAGE
- BACKSTAGE. NEGROLÓPEZ
- MULTIPERSPECTIVAS#3. PAULA QUINTAS CÍA
- CONTOS NA LAREIRA. IVÁN DAVILA
- CONTOS DE TRASNOS E MEIGALLOS. IVÁN DAVILA
- ANIMAIS ARTISTAS E OUTRAS COUSIÑAS. IVÁN DAVILA
- VAIVÉN. MARCIA VÁZQUEZ
- A NENA QUE QUERÍA NAVEGAR. REDRUM TEATRO
- PENÉLOPE: DESTECENDO O VÍNCULO . CONSTANCE HURLÉ
- PERDER A LINGUA . CIA.EVA COMESAÑA
- PUM PUM QUEN HAI?. ÁRTIKA CÍA
- MOSCA. ÁRTIKA CÍA
- NON PASARÁN. ÁRTIKA CÍA
- SOÑOS. ARTEFEITO PRODUCIONS S. COOP. GALEGA
- ROCK AND MAGIC. MAGO TETO
- AS NOSAS LETRAS. MAGO TETO
- BAMBOLINA. A FARRA XOUS
- A VIDA, UN FRENESÍ. A FARRA XOUS
- O CAMIÑO DO AFIADOR. MAGO TETO
- GLOBOTOLO. A FARRA XOUS
- OS OURIZOS AGAROMOSOS. O MUSICAL.. A FARRA XOUS
- PEQUENAS GRANDES MAXIAS. MAGO TETO
- A PARÁBOLA DO ANGAZO. TALÍA TEATRO
- VOA, VOA!. TALÍA TEATRO
- A ILLA DA DESLEMBRANZA. ÁRTIKA CÍA
- HOXE SI!. SEMPRE ARRIBA
- C´EST PAS POSSIBLE. SEMPRE ARRIBA
- ASFIXIA. VÓRTICE ESCÉNICO
- TITIRICIRCUS. TANXARINA
Vicus Teatro: O namorado infiltrado
Categoría: +TEATRO
Dirixido a: Todos os públicos
Duración do espectaculo: 50 minutos
Persoa representante : Noa Iriarte Alonso
Datos de contacto : 672 328 219 - noairiarte@gmail.com
Páxina web do grupo : https://vicusteatro.gal/
Sinopsis da compañia :
Logo de 4 anos de formación da Escola Superior de Arte Dramática de Galicia, na cidade de Vigo, cinco comediantes decidiron poñer en marcha Vicus Teatro, para embarcarse nunha fermosa aventura cultural e humana. A formación nas aulas permitiunos especializarnos nas artes escénicas en tan diversas disciplinas como o xogo de máscara, o circo, a loita escénica, o canto, o mimo, a danza e, sobre todo, a commedia dell’arte. Unha formación completa e esixente que nos permite garantir un alto nivel técnico e artístico nos nosos espectáculos, cursos, conferencias e e xiras nacionais e internacionais. Así como un repertorio de obras infantís, didácticas, e de commedia dell’arte. Vicus Teatro comeza o seu percorrido no ano 2015 co espectáculo A 3 Niveis, que foi Finalista no certame Xuventude Crea dese ano. Durante moito tempo sacou adiante un proxecto didáctico que percorreu os institutos galegos chamado Crónicas. A iniciativa contén tres espectáculos: Crónicas de ouro (sobre o século de ouro español), Crónicas Clásicas (sobre o teatro na Grecia e Roma clásica) e Crónicas da fala (sobre o teatro das Irmandades da Fala). Este último aínda en cartel. No ano 2022 estrea a peza Salón Alfonsina, sobre a poetisa Alfonsina Storni. Ademais de ser Finalista do Xuventude Crea, a obra recibiu premios á Mellor Actriz e Mellor Texto Orixinal. Vicus busca facer un teatro popular, con poucos elementos en escena e que vaia directo os espectadores, falado da xente para á xente.
Sinopsis do espectaculo:
Capitano avisa ó comezar, chegan os invasores, pero haberá resistencia. Arlequino pensa máis en casar que na guerra, pero non queda outra. Máis os plans perfectamente deseñados polo Capitano non parecen funcionar sen a persoa que verdadeiramente organiza á xente, Francesquina: Ela será a encargada de asegurarse que a estratexia saian ben. Fronte a eles, Pulchinela e a Señora. Os bárbaros invasores que fará o que mellor saben facer: bombardear sen descanso e impoñer a súa cultura. O que non agardan é que unha pequena vila resista ante o inmenso poder militar que a asedia. Arlechino e Capitano deberán infiltrarse tras ás liñas inimigas para boicotear os plans dos invasores. Ó mesmo tempo, Pulchinela descubrirá que o amor pode ser unha forza máis poderosa que a guerra ó namorarse de Francesquina. O amor e o deber buscarán gañar a batalla no medio dos enredos e estrataxemas de cada bando. A guerra é un negocio pero o diñeiro non asegurará a vitoria.
Caché con IVE : 2250.0 €
Caché + produción técnica con IVE : 2500.0 €