#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuíto de apoio á programación de artes escénicas en galego

Catálogo de Espectaculos

Bátega Teatro: O PANO

  • Categoría: +TEATRO

  • Dirixido a: MAIOR DE 12 ANOS

  • Duración do espectaculo: 60 MINUTOS

  • Persoa representante : María Raquel López Cendán

  • Datos de contacto : 649 612 920 - raquel.lcendan@gmail.com

  • Páxina web do grupo : https://www.facebook.com/batega.teatro

  • Sinopsis da compañia :

    Bátega é un proxecto multidisciplinar que mestura monólogos e cancións, humor, partituras físicas e filosóficas, contos, harmonías que falan... coa intención de percorrer e transmitir toda a paleta imaxinable de emocións.En 2015 presentaron o seu primeiro traballo: A fábrica e a tristura en Vilamartín de Valdeorras. Ao que seguiron: A síntese (2016), A dúbida e a doutrina (2016) e Amordazadas (2018). En decembro de 2020 estrean no Valadouro O Mundo de Martiña, o que supón o seu comezo no teatro profesional. En setembro de 2024 en Meira estréase O Pano

  • Sinopsis do espectaculo:

    Celia, nada en 1924, vivíu a crueza do patriarcado ao longo do século XX e Sau vive as consecuencias do seu enquistamento nun probable devir distópico en pleno corazón do século XXI. Dúas mulleres entre as que existe unha conexión atemporal. Celia acaba de chegar ao limbo. Lembra o ensino da II República, o terror da Guerra Civil e a posguerra, escuro período no que coñece a Mario, un maltratador que lle deixou unha fonda cicatriz. Celia afrontou esa dor desde unha heroicidade pouco convencional. Coa axuda de Soidade, a fraga, a súa horta e a forza de todas as súas devanceiras, reconstruíu a súa vida. Sau 43 acaba de fuxir por unha fendedura temporal. No ano 2040, no que vive, todas as persoas levan un microchip desde a secura do 29, todas as mulleres e boa parte dos homes foron xulgadas públicamente e a agresividade medra cada día. Ou mudamos o presente ou non temos futuro. Mirémonos aos ollos, sintamos, choremos e non sucumbamos endexamais.

  • Caché con IVE : 1320.0 €

  • Caché + produción técnica con IVE : 1320.0 €

  • Técnica