#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuíto de apoio á programación de artes escénicas en galego

Catálogo de Espectaculos

Danthea Teatro + K'paparota Teatro: Verán na lavandería

  • Categoría: +TEATRO

  • Dirixido a: a partir de 3 anos

  • Duración do espectaculo: 40 minutos

  • Persoa representante : Cultura Activa

  • Datos de contacto : 660 447 824 - patricamean@gmail.com

  • Páxina web do grupo : instagram @kpaparota_teatro

  • Sinopsis da compañia :

    K’paparota e Danthea Teatro únense para crear espectáculos pensados dirixidos a público infantil e familiar. Mesturan estilos como teatro de obxectos, títeres, clown e unha poética cercana, contando historias cheas de sensibilidade. Inspirados pola pedagoxía verde, apostan por transmitir valores de respecto á natureza e ao medio ambiente. Para eles, o teatro é un espazo para vencellarse, soñar e imaxinar un mundo mellor.”

  • Sinopsis do espectaculo:

    Na tranquila cidade costeira da Lavandería, onde o sol do verán brilla sobre as ondas, unha nena disponse a facer a coada, cando acontece un inesperado misterio. Guiada pola súa curiosidade, comeza a seguir as pistas que a levan a coñecer a unha enigmática bolsa de plástico e xunto a uns animais, daranlle a chave para desvelar unha historia sorprendente que vai máis aló do que imaxinaba. Verán na Lavandería é unha obra chea de esperanza que convida a escoitar as voces do océano e os seus habitantes.

  • Caché con IVE : 2057.0 €

  • Caché + produción técnica con IVE : 2541.0 €

  • Técnica