#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuíto de apoio á programación de artes escénicas en galego

Catálogo de Espectaculos

Ana Abad de Larriva: Algo berra en min

  • Categoría: +TEATRO

  • Dirixido a: Adulto

  • Duración do espectaculo: 60 minutos

  • Persoa representante :

  • Datos de contacto : 687 208 705 - a.delarriva@gmail.com

  • Páxina web do grupo : https://anaabaddelarriva.com/musica/algo-berra-en-min/

  • Sinopsis da compañia :

    Ana Abad de Larriva é unha artista multidisciplinar que se comunica como creadora escénica dende a escritura, a interpretación, a música e o canto, a danza e a ilustración. É titulada superior en Arte Dramática pola ESAD de Galicia, na especialidade de Interpretación Xestual; licenciada en Xornalismo pola Universidade de Santiago de Compostela e doutora en Comunicación pola Universidade de Vigo, cunha tese multidisciplinar en Comunicación e Artes Escénicas. Ten tamén formación en canto, en piano e en danza (oriental, butoh e contemporánea). As súas creacións son concibidas como poemas escénicos multidisciplinares, nos que están moi presentes a música, as artes do movemento e as artes visuais, alén da palabra; e foron escollidas e estreadas, interpretadas por ela, como actriz e cantautora, en certames e convocatorias como o Metro Cadrado do FIOT de Carballo ('Palabra', 2020, e 'Na sombra unha árbore', 2021); o Festival de Pezas dun Teatro do Porvir, da AELG ('Mulleres que bailan na néboa', 2020; 'Efecto flash', 2021; 'Primavera', 2022); o 67 Graos Ourense Fervescénica do FITO ('Lama', 2021; 'Primavera', 2022, e 'Mulleres que bailan na néboa', 2023); o Festival Escenas do Cambio ('Sobre o baleiro', 2022); ou o Programa Violencia Zero, da Deputación de Pontevedra ('Muller auga', 2023; con María Move), entre outros. Como dramaturga obtivo tamén premios e recoñecementos como o Premio Roberto Vidal Bolaño de Textos Teatrais, do IES Ribeira do Louro, o Concello do Porriño e Editorial Galaxia, por 'A sombra das árbores', en 2019; o Premio de Microteatro da Memoria, da Deputación de Pontevedra e a ESAD de Galicia, por 'Un biolo na noite', en 2021; o Premio Abrente de Textos Teatrais da Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia, por 'A nunca vista', e a bolsa de dramaturxia do Centro Dramático Galego por 'Bailar no ceo', en 2022; e foi finalista nos Premios María Casares 2024 pola súa tradución e versión orixinal de 'Antonio e Cleopatra' para o espectáculo do CDG 'Shakespeare en Roma'. Os seus textos foron publicados en editoriais como Galaxia, Invasoras, Positivas ou Á Feira Edicións. Alén diso, Ana desenvolve un intenso labor nos campos da comunicación, mediación, investigación e docencia cultural, que tamén nutre a súa creación artística.

  • Sinopsis do espectaculo:

    Cantas veces sentiches que tiñas que calar e gardar o que sentías e o que eras, aínda que o son che estoupase no peito? 'Algo berra en min' é un ruxido cantado, a resposta a unha chamada, un proxecto escénico-musical moi persoal de corte autobiográfico que fai unha viaxe arredor da busca do autocoñecemento, do apoderamento, da liberdade e da expresión da propia identidade a través da arte; e que convida a persoa espectadora a ceibar tamén os seus berros expresivos. Para iso, combina a música coa narración oral, o teatro e as artes do movemento e visuais, establecendo unha conexión directa co público durante toda a función.

  • Caché con IVE : 400.0 €

  • Caché + produción técnica con IVE : 400.0 €

  • Técnica