AXENDA 2030
DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA
A Axenda 2030 e os seus Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) son un referente ético e operativo que debe inspirar a acción de todos os gobernos e da propia cidadanía. A Asemblea Xeral das Nacións Unidas aprobou en 2015 o documento marco ao que se acolleu España e cuxas prioridades impregnan desde hai un tempo todas as políticas e programas que desenvolve a Deputación de Pontevedra para mellorar o benestar e a calidade de vida do case millón de habitantes da provincia.
Trátase dun plan de acción global en favor das persoas, o planeta e a prosperidade. O obxectivo co que nace este marco internacional é construír unha alianza mundial a favor do desenvolvemento sostible que se basee nun espírito de maior solidariedade e se centre en resolver as necesidades dos colectivos máis vulnerables.