#DEPOINFORMA

Información da Deputación de Pontevedra

A Deputación de Pontevedra ten un firme compromiso coa transparencia na xestión e a participación cidadá na Institución Provincial.

Co obxetivo de facilitar información puntual á veciñanza sobre proxectos, axudas ou trámites administrativos, a Deputación de Pontevedra mantén abertas diversas canles de comunicación en tempo real en materia de Igualdade, Cultura, Deportes, Turismo ou pagamento de tributos, entre outros moitos ámbitos de traballo.

Se queres manterte ao día de tódalas novidades no Pazo provincial, podes consultar as seguintes páxinas ou suscribirte ás correspondentes newsletter que che enviarán ao correo cómodamente tódalas novas de interés.