AUPO 2030

Axenda Urbana e Rural

da Provincia de Pontevedra

A Axenda Urbana e Rural da Provincia de Pontevedra (AUPO 2030) representa a folla de ruta da Deputación para deseñar un desenvolvemento máis sostible e cohesionado da provincia seguindo os principios marcados pola Axenda Urbana Española e polos organismos internacionais como a Unión Europea ou as Nacións Unidas.


Esta Axenda é o resultado dun amplo proceso de participación cidadá no que se involucraron os principais axentes económicos e sociais, así como o conxunto de concellos da provincia.

O documento da Axenda Urbana e Rural da Provincia de Pontevedra presenta unha caracterización do territorio; o marco estratéxico estruturado en seis dimensións de traballo definidas a partir dos retos identificados na fase de diagnose e análise; o plan de acción que se desprega a través de trinta e oito liñas de acción, no marco das cales se desenvolverán as distintas actuacións; e finalmente, o marco para a gobernanza.

— 9 Resultados por páxina
Mostrando o intervalo 1 - 9 de 11 resultados.