2025

Plan +Provincia

Plan de obras e servizos de competencia municipal

O Plan de obras e servizos de competencia municipal (Plan +Provincia) 2025 é de carácter anual e está financiado con fondos propios da Deputación e destinado a colaborar nas obras e nos servizos de competencia municipal dos 59 concellos de menos de 50.000 habitantes da provincia.


O seu obxectivo é impulsar accións que lles permitan ás entidades municipais consolidar os criterios de desenvolvemento que favorezan a xeración de oportunidades, a creación de sinerxías cos axentes de cada lugar e a cohesión territorial.

Ademais, hai que ter en conta que a provincia de Pontevedra ten unha distribución e unhas necesidades territoriais moi diversas que repercuten directamente no conxunto da poboación.

No marco dos retos aos que hai que facerlles fronte determínase a necesidade de mellorar a prestación dos servizos públicos municipais, dotar os concellos de infraestruturas e equipamentos de calidade para impulsar a actividade económica, potenciar o acceso á contorna dixital e reducir a fenda poboacional ao orientar a acción pública cara os pequenos municipios rurais, as entidades máis afectadas pola desigualdade.

Para cumprir estes obxectivos, a Deputación pon en marcha un novo plan para financiar obras e servizos de competencia municipal con base en tres principios: cooperación, equilibrio e respecto á autonomía local.

O plan está conformado por catro liñas:

  • Liña 1: Investimentos
  • Liña 2: Actividades, gastos correntes e obras puntuais non cualificables como investimentos
  • Liña 3: Activación do emprego 2025
  • Liña 4: Redacción de proxectos para a transformación da mobilidade en zonas rurais e urbanas

Novas relacionadas

Luis López remarca en Rodeiro, cun investimento de 121.000€ nas pistas de pádel, o compromiso da Deputación coa mellora dos servizos no Concello dezán

15/04/2025

Luis López adianta ao alcalde de Ribadumia, David Castro, un investimento de case 400.000 euros para a mellora de camiños municipais ao abeiro do plan +Provincia

14/04/2025

Rafa Domínguez salienta que Plan +Provincia da Deputación mobiliza esta semana 1,9 millóns de euros para que 12 concellos impulsen investimentos e afronten gasto corrente

11/04/2025

A Deputación avanza que financiará unha actuación de mellora de camiños municipais en Agolada

10/04/2025

A Deputación avanza que investirá 225.450 euros para financiar integramente a reforma da rúa Raimundo García Domínguez “Borobó”, en Pontecesures

09/04/2025

Luis López salienta que o Plan +Provincia da Deputación mobiliza esta semana 1,8 millóns de euros para que 11 concellos impulsen investimentos e contraten persoal

04/04/2025

A Deputación avanza que financiará integramente a mellora dos accesos ao Parque da Natureza do Río Barosa en Barro ao achegar axudas por valor de máis de 430.000€

03/04/2025

A Deputación avanza que financiará integramente a humanización da rúa Igrexa en Meis ao achegar axudas por valor de preto de medio millón de euros

02/04/2025

A Deputación visita o Pazo Torrado en Cambados, onde investirá preto de 800.000 euros para financiar o seu proxecto de reforma e posta en valor

01/04/2025