Rafa Domínguez salienta que Plan +Provincia da Deputación mobiliza esta semana 1,9 millóns de euros para que 12 concellos impulsen investimentos e afronten gasto corrente

Estes novos recursos beneficiarán a Agolada, Baiona, Bueu, A Estrada, A Guarda, A Lama, Nigrán, Poio, Ponteareas, Pontecesures, Silleda e Vila de Cruces. O +Provincia destinou xa 18,4 millóns de euros aos concellos de menos de 50.000 habitantes

11/04/2025

Xunta de Goberno

A Deputación de Pontevedra acaba de aprobar en Xunta de Goberno destinar 1,9 millóns de euros para que Agolada, Baiona, Bueu, A Estrada, A Guarda, A Lama, Nigrán, Poio, Ponteareas, Pontecesures, Silleda e Vila de Cruces impulsen novos investimentos e afronten gasto corrente ao abeiro das dúas primeiras liña do Plan +Provincia 2025. O vicepresidente provincial, Rafa Domínguez, asegurou que o goberno provincial segue "avanzando, unha semana máis, no reparto de fondos do +Provincia, o plan de obras e servizos de competencia municipal máis ambicioso da historia da Deputación, que xa leva distribuídos 18,4 millóns de euros neste 2025 entre os concellos da provincia de menos de 50.000 habitantes".

Desta maneira, a través da liña 1, Agolada recibe 372.291 euros para dous proxectos: 95.204 € para completar o financiamento da recuperación e humanización da avenida de Iryda, que conta con 500.000 € do Plan Extra, e 277.087 € para a mellora de camiños de titularidade municipal con firme de asfalto en Berredo e Buxán. Ademais, A Lama recibe 88.235 € para a mellora da accesibilidade e a seguridade peonil no entorno da igrexa de San Salvador, completando os 500.000 € do Plan Extra; Silleda recibirá 149.425 € para completar os 597.698 € do Plan Extra para a mellora da mobilidade na avenida do Parque; e Vila de Cruces sumará aos 700.000 € deste mesmo plan para a humanización do núcleo urbano nas rúas Neira Vilas, Sergio Iglesias Pazos e a Travesía Vázquez, 212.780 € do +Provincia.

Ademais, tamén ao abeiro da liña 1 de investimentos A Estrada recibirá 140.000 e para a compra dun vehículo pala mixto retro-cargadora para o servizo de obras do concello; Bueu 141.525 € para a reurbanización integral do camino de Castiñáns a Loureiro; Ponteareas 203.238 € para a pavimentación de caminos nas parroquias de San Mateo, Oliveira, Arcos, Padróns, Areas, Cumiar, Ponteareas e Bugarí; e Pontecesures 225.453 € para a reforma da rúa Raimundo García Domínguez "Borobó".

Por outra banda, no marco da liña 2 A Guarda recibirá 61.915 € para actividades socioculturais, en concreto, 16.184 € para a Festa miudiña, 12.700 € para o Ciclo Tocamúsica, 10.000 € para a programación de teatro, 3.630 € para  Samaín, 1.900 € para a programación de cine, 2.500 € para a infraestrutura técnica do concerto de +Música e 15.000 € para a Festa da langosta e da cociña mariñeira. No caso de Baiona, serán 91.380 € para o gasto corrente derivado da programación cultural, deportiva e social: 39.821 € para o programa de apoio e reforzo escolar a menores en desvantaxe, 16.212 € para accións de formación académica a familias en risco de exclusión social e 35.346 € para o programa de dinamización de maiores "Tempo para nós".

Tamén da liña 2 Nigrán recibirá 92.800 € para as seguintes actividades culturais e deportivas: Vive Nigrán (30.000  €), Solpor Monteferro (21.000  €), Nigrán Jazz (10.200 €), Parrulas Fest  (13.500 €), concerto de Carlos Núñez(9.000 €), Primavera de Jazz (6.000 €), Campeonato de surf adaptado (10.500 €), Vermú de barrio (6.000 €), Cinema a pedal (6.000 €), Nigrán Blues (10.500 €), Chandefolk (9.000 €) e Apertuke (7.500 €).  E Poio contará con 92.166 € para o pagamento de débedas a acredores de gasto corrente e de investimentos.