#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuíto de apoio á programación de artes escénicas en galego

Catálogo de Espectaculos

Trécola Producións: Coa música a outra parte

  • Categoría: +TEATRO

  • Dirixido a: Todos os públicos

  • Duración do espectaculo: 60 minutos

  • Persoa representante : Ero Telmo Vázquez Cabrera

  • Datos de contacto : 657 704 929 - trecolaproducions@gmail.com

  • Páxina web do grupo : www.https://trecolaproducions.com/es/coa-musica-a-outra-parte/

  • Sinopsis da compañia :

    Máis de 20 anos vivindo o mundo das marionetas, somos xa segunda e terceira xeración dunha compañía con 44 anos de historia, cuns obxectivos que seguimos mantendo como a dignificación e protagonismo dos obxectos como ferramenta artística no teatro. Tentamos fomentar dende unha visión cómica e divertida, valores cola a igualdade, respecto e apoio mútuo.

  • Sinopsis do espectaculo:

    Farsa de títeres a catro mans con música en directo. Catorce personaxes en catro mans e dúas gorxas, coa banda sonora en directo de dous músicos xeniais que nunca saben por onde terán que sair, improvisando e apoiando á representación d@s titiriteir@s en cada función de esta obra de guiñol viva e cambiante, como consideramos que o guiñol debe ser. Catro historias entrelazadas forman este enredo de títere tradicional de cachiporra baseado en varias obras de Rafael Dieste: “La fiera risueña”, “Nuevo retablo de las maravillas”, “El falso faquir”… Trécola dálles unha volta, actualizando a súa temática de loita e irreverencia, para lograr unha obra moi divertida e provocadora para tódolos públicos. Desprezo polo diferente, a perversión do poder, a manipulación, o amor romántico… todo esto e moito máis nun teatriño cheo de recunchos.

  • Caché con IVE : 1760.0 €

  • Caché + produción técnica con IVE : 1760.0 €

  • Técnica