#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuíto de apoio á programación de artes escénicas en galego

Catálogo de Espectaculos

TROULA ANIMACIÓN: CIRCO KRASNOVARAK

  • Categoría: +TEATRO

  • Dirixido a: público familiar

  • Duración do espectaculo: 60 min

  • Persoa representante : TROULA ANIMACIÓN SL

  • Datos de contacto : 630 668 725 - troula_animacion@hotmail.com

  • Páxina web do grupo : https://troula-animacion.com/espectaculos-de-calle/pasacalles/circo-krasnobarak/

  • Sinopsis da compañia :

    Troula Animación S.L. nace no ano 2002 como empresa adicada a creación, produción e management de espectáculos propios de carácter infantil e de rúa. Troula crea, deseña, produce, promove e realiza cada un dos seus espectáculos. Xestiona ademais o seu propio Festival de espectáculos de rúa itinerantes" iTiNERANTA", que dende o ano 2010 leva ás rúas da cidade de Pontevedra os mellores artistas e espectáculos de formato de rúa itinerante de España e do estranxeiro.

  • Sinopsis do espectaculo:

    Espectáculo itinetante teatralizado: Nika chega puntual, coma sempre, ao punto de quedada, ao sitio onde tiña que estar montada a carpa do… “Gran Circo Krasnobarak!”, pero… que acontece?, non hai carpa!, pero é que tampouco está Pepo o pallaso, nin os irmáns trapecistas…. NON HAI NINGUÉN!, Ao intre aparece Igor, o director e domador do circo, e resulta… que temos un problema maior!, os animais do circo…andan perdidos pola cidade!! Haberá que saír a buscalos! Coa axuda de todos os nenos, Nika e Igor saen en busca dos seus animais: O Rino Chino, A Elefanta Samanta, a Xirafa Xosefa e o León Antón! Comeza entón unha divertida tarefa onde irán aparecendo estes simpáticos animais: música, animación, interacción co público, carreiras, tolemias, xincanas, bailes…, unha aventura para pasalo en grande toda a famila!, e no que se defende un circo no que os animais sexan como os nosos, de plástico.

  • Caché con IVE : 2722.5 €

  • Caché + produción técnica con IVE : 2722.5 €

  • Técnica