#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuíto de apoio á programación de artes escénicas en galego

Catálogo de Espectaculos

ASSIRCÓPATAS: ROGELIO3. LA FÊTE

  • Categoría: +TEATRO

  • Dirixido a: TODOS OS PÚBLICOS

  • Duración do espectaculo: 50min

  • Persoa representante : URDIME, S. COOP. GALEGA

  • Datos de contacto : 619 920 335 - comunicacion@urdime.net

  • Páxina web do grupo : https://urdime.gal/espectaculos/Rogelio3.%20La%20F%C3%AAte./

  • Sinopsis da compañia :

    A compañía AsSircópatas leva dende o ano 2003 medrando sen presa e sen pausa utilizando a rúa e o circo como ferramentas imprescindibles de traballo. O seu fundador, Dani Blanco, é pallaso, bufón, improvisador e narrador oral. Nestes 20 anos de traxectoria con AsSircópatas creou 8 espectáculos grazas aos cales xirou en máis de 15 países. Fundador da cia. Muu tamén de circo crea no ano 2019 o espectáculo Crunch!. Adentrase noutros campos coma a improvisación coa que impartir clases durante varios anos e actúa nas montaxes do CDG e participa en festivais internacionais. No ano 2022 crea espectáculos infantís de narración coma “Historias desde o outro lado da raia” ou “O Peirao” coa compañía Diáspora Teatro.

  • Sinopsis do espectaculo:

    Rogelio é un entrañable personaxe de ficción e esta a terceira entrega dunha triloxía. Que pasaría se ninguén viñera ao teu aniversario? Se ninguén cantara os parabéns para ti? Rogelio volve estar só e desta vez no seu día máis especial. Queres acompañalo? Un espectáculo de risas para toda a familia no que o actor Dani Blanco dá continuidade á saga do pallaso Rogelio. Circo, clown, corda frouxa, malabares e música. Vas perdelo?

  • Caché con IVE : 1250.0 €

  • Caché + produción técnica con IVE : 1900.0 €

  • Técnica