
#CULTURA
+ESCÉNICAS
Circuíto de apoio á programación de artes escénicas en galego
Catálogo de Espectaculos
- DESEXO. TALÍA TEATRO
- OS CONTOS DO LOBICÁN. REDRUM TEATRO
- O PEQUENO PONI. REDRUM TEATRO
- O SALÓN DOS PASOS PERDIDOS. PAULA QUINTAS CÍA
- CONTOS QUE FORON CHISTES. AVELINO GONZÁLEZ
- ERAN ELAS!. AVELINO GONZÁLEZ
- CHOLA A IT GIRL. ARTESA CÍA
- CHORA PALLASO. JUAN LUIS LAGE
- BACKSTAGE. NEGROLÓPEZ
- MULTIPERSPECTIVAS#3. PAULA QUINTAS CÍA
- CONTOS NA LAREIRA. IVÁN DAVILA
- CONTOS DE TRASNOS E MEIGALLOS. IVÁN DAVILA
- ANIMAIS ARTISTAS E OUTRAS COUSIÑAS. IVÁN DAVILA
- VAIVÉN. MARCIA VÁZQUEZ
- A NENA QUE QUERÍA NAVEGAR. REDRUM TEATRO
- PENÉLOPE: DESTECENDO O VÍNCULO . CONSTANCE HURLÉ
- PERDER A LINGUA . CIA.EVA COMESAÑA
- PUM PUM QUEN HAI?. ÁRTIKA CÍA
- MOSCA. ÁRTIKA CÍA
- NON PASARÁN. ÁRTIKA CÍA
- SOÑOS. ARTEFEITO PRODUCIONS S. COOP. GALEGA
- ROCK AND MAGIC. MAGO TETO
- AS NOSAS LETRAS. MAGO TETO
- BAMBOLINA. A FARRA XOUS
- A VIDA, UN FRENESÍ. A FARRA XOUS
- O CAMIÑO DO AFIADOR. MAGO TETO
- GLOBOTOLO. A FARRA XOUS
- OS OURIZOS AGAROMOSOS. O MUSICAL.. A FARRA XOUS
- PEQUENAS GRANDES MAXIAS. MAGO TETO
- A PARÁBOLA DO ANGAZO. TALÍA TEATRO
- VOA, VOA!. TALÍA TEATRO
- A ILLA DA DESLEMBRANZA. ÁRTIKA CÍA
- HOXE SI!. SEMPRE ARRIBA
- C´EST PAS POSSIBLE. SEMPRE ARRIBA
- ASFIXIA. VÓRTICE ESCÉNICO
- TITIRICIRCUS. TANXARINA
MAGÍN BLANCO e GHAZAFELHOS: A NENA E O GRILO CAMIÑO DAS CORES
Categoría: +TEATRO
Dirixido a: FAMILIAR
Duración do espectaculo: 60min
Persoa representante : URDIME, S. COOP. GALEGA
Datos de contacto : 619 920 335 - comunicacion@urdime.net
Páxina web do grupo : https://urdime.gal/espectaculos/A%20nena%20e%20o%20grilo%20cami%C3%B1o%20das%20cores/
Sinopsis da compañia :
Magín Blanco é un dos máis coñecidos creadores de propostas escénicas para público familiar no panorama actual galego. Creador de A nena e o grilo (OQO 2011), A nena e o grilo nun barquiño (Fol música 2013) e outras composicións que forman parte de edicións como María Fumaça (Ed. Galaxia 2012), Rosalía Pequeniña (Ed. Galaxia 2013), Canta o Cuco, con Uxia Senlle (Ed. Galaxia 2014) e Gatuxo (Ed. Fol música 2015), Camiños (Ed. Fol música, 2017) e Caderno de cores e cancións (Ed. Galaxia, 2023) Despois do éxito acadado co espectáculo “A nena e o grilo nun barquiño”, co que realizou máis de un cento de actuacións durante a súa xira consolidándose como a proposta escénica infantil con maior repercusión nos últimos anos en Galicia, Magín chega agora con unha nova creación, A nena e o grilo máis aló, un espectáculo músico teatral con teatro Ghazafelhos e o músico Cristian Leggiero. Magín Blanco conta tamén con formatos musicais como Magín Blanco e A Banda das Apertas, o formato a dúo con Pablo Vidal con Caderno de cores e cancións e o formato en solitario O que levamos nas maletas.
Sinopsis do espectaculo:
A Nena e o Grilo camiño das cores é a cuarta e última entrega do exitoso musical de Magi´n Blanco e Teatro Ghazafelhos que conta con tres espectáculos previos: O País das Apertas, A Nena e o Grilo nun Barquiño e A Nena e o Grilo Máis Aló. O proxecto comezou en 2010 co a´lbum O pai´s das Apertas e a creación de tres propostas escénicas que tiveron moi boa acollida entre o público familiar, enchendo salas e teatros de toda Galicia. En 2024, estréase A Nena e o Grilo camiño das cores, o cuarto espectáculos que pecha a saga. Nesta ocasión, a Nena e o Grilo viven unha nova aventura chea de sorpresas. Os dous personaxes volven estar interpretados por Montse Piñón e Pepablo Patinho acompañados en escena por Jorge Casas. Os tres Ghazafelhos descubrirán o mundo desde a mirada dos nenos e as nenas e interactuarán cos músicos Magín Blanco e Pablo Vidal e tamén co público. Esta última produción consolida e expande os obxectivos cos que A Nena e o Grilo se iniciou hai dezaseis anos: contribuír a descubrir, valorar e pensar a amizade, o compañeirismo, os afectos, a diversidade e a igualdade.
Caché con IVE : 3000.0 €
Caché + produción técnica con IVE : 3890.0 €