#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuíto de apoio á programación de artes escénicas en galego

Catálogo de Espectaculos

PAPORRUBIO: TRANSHUMANCIA SONORA

  • Categoría: +TEATRO

  • Dirixido a: FAMILIAR

  • Duración do espectaculo: 60min

  • Persoa representante : URDIME, S. COOP. GALEGA

  • Datos de contacto : 619 920 335 - comunicacion@urdime.net

  • Páxina web do grupo : https://urdime.gal/espectaculos/Transhumancia%20sonora/

  • Sinopsis da compañia :

    O Paporrubio nace en Lalín no ano 2013 da man de Luchi Iglesias. A súa personalidade enredante e argalleira fixo que dende moi novo se interesase polas formas de diversión da xente, o que unido ao seu traballo de actor, titiriteiro e escenógrafo deu como resultado O Paporrubio. Este é un proxecto que xira ao redor dos xogos populares, sempre á procura da súa revitalización a través da inclusión de elementos teatrais, musicais e plásticos, pero que non esquece o que de lúdico e comunitario teñen de por si os xogos tradicionais. Paporrubio nace en base a dúas liñas de traballo moi definidas e dependentes unha da outra: a artesanal e a escénica. Dedicadas á construción e recuperación de brinquedos da nosa tradición, á investigación e á produción de xogos orixinais que actualicen e manteñan o imaxinario da nosa cultura popular. E á súa mostra en festas, feiras e actividades escolares.

  • Sinopsis do espectaculo:

    Un grupo de simpáticos animais “cabezudos” formada por un porco, unha vaca e un burro e acompañados de dous músicos, representarán en directo o longo do percorrido diferentes escenas dramáticas, cómicas e coreográficas. Nela veremos diferentes gags baseados nas súas relacións de amizade, nas diferentes personalidades e nos conflitos cómicos que xeren as súas discrepancias. Este grupo de animais fará unha viaxe de transhumancia no cambio de estación, cada un portará a unha maletiña cas súas pertenzas persoais, pero na axitada partida confundirase e terán algún que outro contratempo.

  • Caché con IVE : 2725.0 €

  • Caché + produción técnica con IVE : 2725.0 €

  • Técnica