#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuíto de apoio á programación de artes escénicas en galego

Catálogo de Espectaculos

CARAMUXO: CRISÁLIDA

  • Categoría: +TEATRO

  • Dirixido a: INFANTIL. +4

  • Duración do espectaculo: 50min

  • Persoa representante : URDIME, S. COOP. GALEGA

  • Datos de contacto : 619 920 335 - comunicacion@urdime.net

  • Páxina web do grupo : https://urdime.gal/espectaculos/Cris%C3%A1lida/

  • Sinopsis da compañia :

    Caramuxo Teatro é unha compañía de teatro infantil e familar nada na Coruña en 2003 dirixida por Juan Rodríguez e Laura Sarasola que tamén traballa nunha liña específica de creación de propostas para bebés. Caramuxo crea espectáculos poéticos e visuais para gozar en familia, tendo unha especial responsabilidade co público máis novo. Dende os inicios, a compañía mestura diferentes técnicas (teatro de actor, títeres, danza...) e parte de textos elaborados a partir da experiencia no eido educativo co obxectivo de crear espectáculos que consigan a fidelización do público.

  • Sinopsis do espectaculo:

    Crisálida é o espectáculo número 25 de Caramuxo Teatro co que a compañía cumpriu vinte anos de traxectoria. Crisálida é unha comedia sen texto que pon en valor a importancia do comercio tradicional nun mundo globalizado e cada vez máis dixitalizado. É unha homenaxe ás tendas de barrio como as mercerías. A peza gañou o Premio María Casares 2024 a mellor espectáculos para público infantil e familiar.

  • Caché con IVE : 3000.0 €

  • Caché + produción técnica con IVE : 3300.0 €

  • Técnica