#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuíto de apoio á programación de artes escénicas en galego

Catálogo de Espectaculos

Educateatro Producións: Carapuchiña Vermella

  • Categoría: +TEATRO

  • Dirixido a: A partir de 2 anos (familiar)

  • Duración do espectaculo: 55 minutos

  • Persoa representante : Educateatro Producións

  • Datos de contacto : 679 559 401 - xandre.vazquez@gmail.com

  • Páxina web do grupo : https://educateatro.com/espectaculos/carapuchina-vermella/

  • Sinopsis da compañia :

    EducaTeatro Producións® é unha empresa cultural dedicada á produción, distribución e promoción de espectáculos infantís e familiares. A música, a lingua e a diversión son os piares fundamentais dos nosos traballos, cos que pretendemos fomentar a educación en valores e contribuír a unha aprendizaxe signicativa. Na actualidade contamos con tres obras de produción propia en cartel: Os tres porquiños, unha obra musical con bonecos a tamaño real; Carapuchiña Vermella, o musical e O mundo máxico de Pinocho, coas que despregamos máis de 250 funcións, sumando máis de 100.000 espectadores.

  • Sinopsis do espectaculo:

    Un trepidante musical onde cativos e maiores acompañarán a Carapuchiña Vermella na gran aventura de levarlle á súa avoa unha cesta coa merenda atravesando un bosque cheo de sorpresas. Durante o camiño, Carapuchiña aprenderá a respectar o medio ambiente e os animais, bailará e cantará, pero tamén coñecerá os perigos de non facer caso dos consellos da súa nai. Plácido, o xornalista da aldea, e o seu axudante Roi, serán os encargados de manternos informados de todo o que lle suceda á protagonista ata que chegue á casa da avoíña. E quen sabe, quizáis apareza neste conto un lobo que quera comer a Carapuchiña... Como rematará esta historia?

  • Caché con IVE : 3000 €

  • Caché + produción técnica con IVE : 3600 €

  • Técnica