
#CULTURA
+ESCÉNICAS
Circuíto de apoio á programación de artes escénicas en galego
Catálogo de Espectaculos
- DESEXO. TALÍA TEATRO
- OS CONTOS DO LOBICÁN. REDRUM TEATRO
- O PEQUENO PONI. REDRUM TEATRO
- O SALÓN DOS PASOS PERDIDOS. PAULA QUINTAS CÍA
- CONTOS QUE FORON CHISTES. AVELINO GONZÁLEZ
- ERAN ELAS!. AVELINO GONZÁLEZ
- CHOLA A IT GIRL. ARTESA CÍA
- CHORA PALLASO. JUAN LUIS LAGE
- BACKSTAGE. NEGROLÓPEZ
- MULTIPERSPECTIVAS#3. PAULA QUINTAS CÍA
- CONTOS NA LAREIRA. IVÁN DAVILA
- CONTOS DE TRASNOS E MEIGALLOS. IVÁN DAVILA
- ANIMAIS ARTISTAS E OUTRAS COUSIÑAS. IVÁN DAVILA
- VAIVÉN. MARCIA VÁZQUEZ
- A NENA QUE QUERÍA NAVEGAR. REDRUM TEATRO
- PENÉLOPE: DESTECENDO O VÍNCULO . CONSTANCE HURLÉ
- PERDER A LINGUA . CIA.EVA COMESAÑA
- PUM PUM QUEN HAI?. ÁRTIKA CÍA
- MOSCA. ÁRTIKA CÍA
- NON PASARÁN. ÁRTIKA CÍA
- SOÑOS. ARTEFEITO PRODUCIONS S. COOP. GALEGA
- ROCK AND MAGIC. MAGO TETO
- AS NOSAS LETRAS. MAGO TETO
- BAMBOLINA. A FARRA XOUS
- A VIDA, UN FRENESÍ. A FARRA XOUS
- O CAMIÑO DO AFIADOR. MAGO TETO
- GLOBOTOLO. A FARRA XOUS
- OS OURIZOS AGAROMOSOS. O MUSICAL.. A FARRA XOUS
- PEQUENAS GRANDES MAXIAS. MAGO TETO
- A PARÁBOLA DO ANGAZO. TALÍA TEATRO
- VOA, VOA!. TALÍA TEATRO
- A ILLA DA DESLEMBRANZA. ÁRTIKA CÍA
- HOXE SI!. SEMPRE ARRIBA
- C´EST PAS POSSIBLE. SEMPRE ARRIBA
- ASFIXIA. VÓRTICE ESCÉNICO
- TITIRICIRCUS. TANXARINA
ButacaZero: Rapadas
Categoría: +TEATRO
Dirixido a: Adulto
Duración do espectaculo: 40
Persoa representante : María Esther Fernández Carrodeguas
Datos de contacto : 629 694 432 - oficina@butacazero.com
Páxina web do grupo : https://butacazero.com/espectaculos/rapadas/
Sinopsis da compañia :
ButacaZero é a plataforma creativa de Esther F. Carrodeguas e Xavier Castiñeira, que propoñen un teatro que dialoga coa actualidade dende unha mirada crítica e irónica. ButacaZero popularizouse en Galicia no ano 2016 grazas á estrea de Voaxa e Carmín na Mostra Internacional Ribadavia e desde entón investigaron o esquecemento con na butaca [fantasía nº3 en Dor Maior], a identidade galega con #camiños (en coprodución co CDG), a vida de María Casares con Despois das ondas, a vida confinada con 32m2, a violencia machista coa ópera Papagena e a gordofobia con O único que verdadeiramente quixen toda a vida é ser delgada, estreada en 2023 no Teatro del Barrio. Coas súas obras estiveron en case todos os teatros e festivais de Galicia, dende a MIT ao FITO pasando pola Mostra de CEE, a Internacional de Teatro cómico e festivo de Cangas e o novísimo festival de teatro contemporáneo USCénica. As súas montaxes foron recentemente recoñecidas co Premio do Público na 40ª MIT de 2024, así como mención especial dos programadores da Feria Internacional de Teatro y Danza de Huesca. Ademais, foron candidatas numerosas veces nos Premios María Casares de Teatro, conseguindo non poucos galardóns. Tamén foron candidatos aos Premios Max nas dúas últimas ocasións. Estes últimos anos dan un paso adiante apostando por un novo modelo de xestión creativa expandida e transmedia, produto da cal nace IRIBARNE en coprodución co Centro Dramático Nacional. Unha nova etapa ButacaZero con moito máis risco tanto empresarial como político e por suposto: artístico.
Sinopsis do espectaculo:
Rapadas nace da necesidade de compartir co público a documentación recadada por Esther F. Carrodeguas sobre as mulleres rapadas na (pos)guerra civil, no seu intento por escribir unha obra de teatro. A partir destes feitos do noso pasado, a autora investiga arredor do concepto de “rapada” a nivel histórico: de Xoana de Arcos ás Femmes tondues (colaboracionistas); de Britney Spears a Jada Pinkett; de blogueiras descoñecidas a modelos internacionais. Neste camiño, Carrodeguas chega ata as mulleres que no 2022 se rapan a si mesmas en Ucraína tentando non resultar atractivas a posibles violadores durante a invasión.
Caché con IVE : 1936.0 €
Caché + produción técnica con IVE : 2420.0 €