#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuíto de apoio á programación de artes escénicas en galego

Catálogo de Espectaculos

Elahood: A miña vida está arruinada

  • Categoría: +DANZA

  • Dirixido a: Todos os públicos

  • Duración do espectaculo: 20

  • Persoa representante : Amarelo / Lilian Portela

  • Datos de contacto : 610 106 808 - lilian@amarelo.es

  • Páxina web do grupo : www.elahood.com

  • Sinopsis da compañia :

    EIahood é unha compañía galega de danza urbana e creación contemporánea formada por Sabela Domínguez e Julia Laport no ano 2017. A compañía aposta por visibilizar as danzas urbanas como un medio de expresión lexítimo na danza profesional, sosteñen unha visión artística clara e directa, caracterizada pola súa linguaxe visual e musical cunha mirada cara fóra. En xaneiro de 2018 estrean o seu primeiro espectáculo de longo formato A Soidade de Wally. Tamén contan con pezas curtas para rúa e espazos non convencionais; Impermeable (2018), Protocolo (2018), NOUA (2019) e Desvendando os meus pés (2021) coas que participan en diversos festivais; Festival Corpo(a)Terra, Festival Rúa ExtCénica, Festival Vai de Rúa, Festival Quincegotas e Loop Festival en Portugal. A perspectiva de xénero e queer forma parte intrínseca da identidade de Elahood, motivándoas a presentar as súas creacións en contextos como o Festival Elas Son Artistas, o Proxecto de Acción Artística Violencia Zero ou o Festival Versión Orixinal, DT Espazo Escénico (Madrid). Profesionalmente, tamén colaboran con outras compañías na creación e interpretación de proxectos escénicos: A love letter to humanity de Rachel Kay (2018), Clásicas Desfeitas Volume III: Orlando, A Consagración da Primavera e o Mito de Sísifo, unha co-produción entre o Centro Dramático Galego e a Cidade da Cultura (2021) e Replay 2.0 de Pisando Ovos (2021). No mes de xullo de 2021 estrean o seu novo espectáculo para rúa e espazos non convencionais Intempestiva, unha peza de danza urbana inspirada na figura da recoñecida autora galega Xela Arias. Comparten este traballo en numerosos festivais e programacións e veñen de gañar o Primeiro Premio e o Premio da Crítica no Certamen Coreográfico de Madrid (2021) e o Premio a Mellor Espectáculo na Plataforma Diálogos Contemporáneos do Festival DZM de Cáceres (2021). O pasado mes de febreiro de 2022, estrean o seu novo espectáculo para teatros e auditorios, NÓ, unha co-produción co Centro Coreográfico Galego, da man de Gena Baamonde, Aina Lanas e Kenrick Sandy, con próximas paradas no Teatro Rosalía de Castro e no ciclo Lugo en Danza. A súa actividade escénica vese acompañada dunha gran presenza na comunidade urbana, impulsando e participando en varios proxectos e eventos tanto a nivel nacional como internacional (Milan, Seoul, Paris, Bangkok...). Combinan isto co seu papel pedagóxico onde levan a cabo numerosas formacións tanto presenciais dentro da comarca, como en liña onde participan bailaríns de diferentes países. Son coreógrafas e directoras do Colectivo D'elas. ESPECTÁCULOS  A Soidade de Wally (2018)  Impermeable (2018)  Protocolo (2018) NOUA (2019) Desvendando os meus pés (2021)  Intempestiva (2021) NÓ (2022) PREMIOS Primeiro Premio e Premio da Crítica por Intempestiva CERTAMEN COREOGRÁFICO DE MADRID (2021) Premio Mellor Espectáculo por Intempestiva PLATAFORMA DIÁLOGOS CONTEMPORÁNEOS FESTIVAL DZM (2021)

  • Sinopsis do espectaculo:

    Este espectáculo, co ton irónico que caracteriza ás creaciones de Elahood, explora os medos arredor do fracaso e a adultez. As artistas, recén entradas nos seus 30, fan un exercicio de derrota intencional ante as esixencias de éxito e estabilidade. Dentro deste marco conceptual, a compañía Elahood profundiza nunha das súas especialidades do movemento, o Waacking. Un movemento sociocultural centrado na expresión libre e a celebración das diversidades identitarias e afectivo-sexuais. Este estilo, moi caracterizado pola precisión e expresividade a través da música, permítelles entregarse ao derrotismo. Así, investigan os límites do ridículo, deformando o significado do fracaso nun espectáculo dinámico e irreverente.

  • Caché con IVE : 1430.0 €

  • Caché + produción técnica con IVE : 1760.0 €

  • Técnica