#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuíto de apoio á programación de artes escénicas en galego

Catálogo de Espectaculos

YAGO ESPASANDIN LISTA : DORO. SOÑOS E AGASALLOS

  • Categoría: +TEATRO

  • Dirixido a: NENOS DE 3 A 8 ANOS

  • Duración do espectaculo: 50 MINUTOS

  • Persoa representante : YAGO ESPASANDIN LISTA

  • Datos de contacto : 634 449 442 - yago1916@outlook.com

  • Páxina web do grupo : https://aaag.gal/catalogo/yago-espasandin?locale=es_ES

  • Sinopsis da compañia :

    Graduado en Arte Dramática pola Esad de Galicia, concretamente na especialidade de interpretación textual, complementa a súa formación noutras ramas, como a interpretación ante a cámara, e en maior medida na dobraxe. No seu percorrido profesional, onde máis experiencia colleita é no mundo dos contacontos, tanto infantís (A Hortiña, A comunidade Vagalume, Que pasa arriba?) como de adultos (O meigo Xirifo). Dende o ano 2018, encárgase das representacións dos contos de literatura infantil, de escritoras como, Sabela Fernández Trelles (O ladrón de soños, Augusta e os seus medos) e conta cunha gran bagaxe en animacións e na representación de personaxes históricos. En relación con isto, destaca o seu traballo en visitas teatralizadas nos últimos anos, en espazos patrimoniais como O castelo de Moeche, Santo André de Teixido, ou o Ecomuseo Forno do Forte de Buño, onde as súas intervencións gozan dunha grande acollida por parte do público. Despois de un tempo con este proxectos, bota agora a andar en “solitario” para seguir creando pezas na mesma liña e tamén explorar noutro tipo de montaxes, combinando e cambiando os equipos de traballo que o acompañan segundo as necesidade e intereses do proxecto.

  • Sinopsis do espectaculo:

    “Dóro”, que en grego significa agasallo, cóntanos a historia de Morfeo, o dono do sono, na que un día comezou a recibir cartas de todos os seres máxicos que fan agasallos as nenas e os nenos, avisandoo de que había un problema; as crianzas, teñen grandes dificultades para dormir, e polo tanto, non poden facer o seu traballo de entregar regalos. Morfeo, terá que atopar unha solución o antes posible Abordaremos dende un personaxe mitolóxico como é Morfeo, os seres máxicos de diferentes culturas do mundo que reparten regalos en distintas épocas do ano, e falaremos da importancia do sono e de durmir, xunto co da realización de actividades, como a lectura, o exercicio, ou o xogo para ter un bo descanso

  • Caché con IVE : 350.0 €

  • Caché + produción técnica con IVE : 350.0 €

  • Técnica