#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuíto de apoio á programación de artes escénicas en galego

Catálogo de Espectaculos

ASSIRCÓPATAS: ROGELIO UN PALLASO EN RECUPERACIÓN

  • Categoría: +TEATRO

  • Dirixido a: TODOS OS PÚBLICOS

  • Duración do espectaculo: 45min

  • Persoa representante : URDIME, S. COOP. GALEGA

  • Datos de contacto : 619 920 335 - comunicacion@urdime.net

  • Páxina web do grupo : https://urdime.gal/espectaculos/Rogelio,%20un%20pallaso%20en%20recuperaci%C3%B3n/

  • Sinopsis da compañia :

    A compañía AsSircópatas leva dende o ano 2003 medrando sen presa e sen pausa utilizando a rúa e o circo como ferramentas imprescindibles de traballo. O seu fundador, Dani Blanco, é pallaso, bufón, improvisador e narrador oral. Nestes 20 anos de traxectoria con AsSircópatas creou 8 espectáculos grazas aos cales xirou en máis de 15 países. Fundador da cia. Muu tamén de circo crea no ano 2019 o espectáculo Crunch!. Adentrase noutros campos coma a improvisación coa que impartir clases durante varios anos e actúa nas montaxes do CDG e participa en festivais internacionais. No ano 2022 crea espectáculos infantís de narración coma “Historias desde o outro lado da raia” ou “O Peirao” coa compañía Diáspora Teatro.

  • Sinopsis do espectaculo:

    Rogelio leva vinte anos pechado na súa casa. É un pallaso en recuperación. Despois de ler a Paulo Coelho e seguir unha terapia de doce pasos atópase no último chanzo. Paso número doce: Ser quen de facer en público o que máis lle gusta: A maxia. Rogelio, un pallaso en recuperación é unha entrañable historia de autosuperación para os que non sempre gañan, ou dito de outra maneira para os perdedores. Este divertido espectáculo de clown para todos os públicos pon sobre o escenario un dos grandes retos da humanidade: ser quen de rirnos de nós mesmos. Prepárate para coñecer a Rogelio e gozar do circo, dos malabares, da maxia e de moitas máis cousas.

  • Caché con IVE : 790.0 €

  • Caché + produción técnica con IVE : 1185.0 €

  • Técnica