#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuíto de apoio á programación de artes escénicas en galego

Catálogo de Espectaculos

Dani García: Don Gelati

  • Categoría: +TEATRO

  • Dirixido a: familiar

  • Duración do espectaculo: 60

  • Persoa representante : Culturactiva

  • Datos de contacto : 696 897 501 - info@danigarcia.com

  • Páxina web do grupo : https://youtu.be/l54ZwyDpBHM?si=_xk3uDR_z6R34stF

  • Sinopsis da compañia :

    Dani García iníciase no ilusionismo da man do dúo máxico Lorc&Julit. A partir deste momento, orienta a súa formación cara a ámbitos afíns ao teatro e á maxia, formándose tanto e n España como en Estados Unidos. Dende os primeiros anos, compaxina a produción dos seus propios espectáculos, cos que ten creado un selo persoal, con aparicións en galas, entregas de premios e asesoramento máxico en diversas producións teatrais e musicais. Levou a súa maxia a diversos países do norte de África, Oriente Medio, Europa , Estados Unidos, onde recolleu varios premios polo seu traballo (1º premio en Michigan e 2º premio en Florida, Texas e Missouri) e incluso China onde mantén un espectáculo que durante o 2019 se reresentou simultáneamente no pais asiático e en Europa cun segundo elenco artístico.

  • Sinopsis do espectaculo:

    Un brillante día de sol chega á praza da vila un curioso vendedor de xeados. Don Gelati sufrirá constantes infortunios co seu carriño, que terá que solventar rápido, con inxenio e moita maxia, antes de que os seus xeados se derretan. A súa escenografía, vistosa e atractiva, enche prazas e deixa a todos/as cun bo sabor de boca .Así comezou hai máis de dez anos unha aventura que se estendeu por España, Francia, Portugal, o Norte de África, Estados Unidos e rematou na China. Tras esta viaxe dunha década, o espectáculo evolucionou, transformause por inercia e por obriga. Este é un espectáculo dinámico,divertido, respoctuoso e renovado,para facer posible o imposible.

  • Caché con IVE : 1100.0 €

  • Caché + produción técnica con IVE : 1500.0 €

  • Técnica