#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuíto de apoio á programación de artes escénicas en galego

Catálogo de Espectaculos

NELSON QUINTEIRO PRODUCIÓNS: PEQUENO CABARET INFANTIL

  • Categoría: +TEATRO

  • Dirixido a: Infantil

  • Duración do espectaculo: 60

  • Persoa representante : NELSON QUINTEIRO ROA

  • Datos de contacto : 647 647 404 - nelson.quinteiro@gmail.com

  • Páxina web do grupo : www.nelsonquinteiro.com/pequeno-cabaret-infantil

  • Sinopsis da compañia :

    Quen Somos Nelson Quinteiro Producións MÚSICA, DANZA E ANIMACIÓN EXPERIENCIAS EMOCIONANTES QUE FESTEXAN AVIDA E A LEDICIA DEVIVIR! Páxina web: www.nelsonquinteiro.com Canle de youtube: https://www.youtube.com/user/cantareiro Somos unha compañía artística multidisciplinar especializada na creación de experiencias temáticas a través da música, a danza e a animación, especialistas en cabaré e contidos para todo o ciclo festivo do ano. Creamos propostas evocadoras, que abordan directamente os imaxinarios colectivos. Experiencias emocionantes que nos fan vibrar, participar, e celebrar a vida e a ledicia de vivir. En activo dende 2006, somos responsables da programación, produción e comunicación de propostas tan singulares coma o Festival Galego de Cabaré (12 edicións dende o 2006 ao 2021), "Brancas" (Noite Internacional dos Museos da Coruña 2011, Gharbo! (Co-produción 2012 do Centro Coreográfico Galego), Compostela Carpa Cabaret (2009), Portamérica Circo Cabaret (2016), Festival "O Bosque de Nadal" en Viveiros O Piñeiro (Pontevedra) 2017, 2018, 2019, 2021 e 2022 "Pequeno Circo de Nadal" (Rianxo 2016, 2017, 2018 e Salceda de Caselas 2019-2024), "Parranda & Trucks" (Portonovo 2017 e 2018), "Pequeno Circo de Entroido en María Pita" (A Coruña 2017 e 2018), Festival Cabaré Cabaré (Pontevedra, 2021) , "Sanxenxo en Branco" (Sanxenxo 2019, 2020 e 2023), Aldea de Nadal (Vilagarcía 2023 e 2024), entre moitos outros.

  • Sinopsis do espectaculo:

    Pequeno Cabaret Infantil Unha instalación urbana e espectáculo de rúa que transforma unha praza levándonos a un universo evocador a través do cabaret, o humor, o descaro e os contos populares de sempre. Diversión e risas aseguradas! www.nelsonquinteiro.com/pequeno-cabaret-infantil O "Pequeno Cabaret Infantil" é un orixinal espectáculo en forma de monólogo humorísitico para nenos e nenas de todas as idades (de 3 a 99) que transforma os contos tradicionais nunha experiencia divertida e cómica. Co mestre de cerimonias "Pedriño Mendrugo" e a súa pulga internacional "Jacinta Florette" como guías, os espectadores mergúllanse nun mundo de risas e sorpresas mentres descobren unha nova versión dos contos de sempre. Cunha escenografía especial que recrea unha barraca de circo antigo na rúa e un ritmo frenético, este espectáculo ofrece interacción co público, cancións divertidas e coreografías entranables. Unha proposta teatral que enche de humor, música, cor e animación a túa praza do xeito máis contundente! Con centos de actuacións no seu haber e agarantía de termos entretido a miles de nenos e nenas, o "Pequeno Cabaret Infantil" ten paseado o seu arte por citas tan prestixiosas como Festival Portamérica (estrea), Feira Modernista de Sada, Festival Interritnnos, Rilla na Rúa, Festival Galego de Cabaré, Feira do Vento de Lalín, Feira de Oficios de Cambados, Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas do Morrazo, Festival TRAN TRAN de Payasos de Fuerteventura, Festival NOSOLOCIRCO 2o18 de Circo Contemporáneo de Extremadura, Día Internacional contra o Bullying en Iruña de Oca (Álava), Feira Modernista de Cartagena, etc...

  • Caché con IVE : 1150.0 €

  • Caché + produción técnica con IVE : 1150.0 €

  • Técnica