#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuíto de apoio á programación de artes escénicas en galego

Catálogo de Espectaculos

Trécola Producións: As aventuras de Pituquito

  • Categoría: +TEATRO

  • Dirixido a: Todos os públicos

  • Duración do espectaculo: 50 minutos

  • Persoa representante : Ero Telmo Vázquez Cabrera

  • Datos de contacto : 657 704 929 - trecolaproducions@gmail.com

  • Páxina web do grupo : www.https://trecolaproducions.com/es/pituquito-2/

  • Sinopsis da compañia :

    Máis de 20 anos vivindo o mundo das marionetas, somos xa segunda e terceira xeración dunha compañía con 44 anos de historia, cuns obxectivos que seguimos mantendo como a dignificación e protagonismo dos obxectos como ferramenta artística no teatro. Tentamos fomentar dende unha visión cómica e divertida, valores cola a igualdade, respecto e apoio mútuo.

  • Sinopsis do espectaculo:

    Pituquito é un rapaciño novo, leva cascos nas orellas a meirande parte do día para non perder as novidades na música ou mesmo das publicacións das súas amizades nas redes. Un adolescente que desfruta do parque, do cine, dos amigos, da “pituquita”… Nesta viaxe de apertura ao mundo dos adultos vai atopando incongruencias entre o que lle din que é o bo facer e as súas vivencias dacotío cos mesmos adultos. Cheo de inocencia, autoestima e rebeldía, loitará contra a avaricia, contra quen pretenda destruír a natureza ou menguar a liberdade das persoas do mundo mundial. Unha obra de guiñol tradicional de cachiporra, de autoría propia e temática actual, adaptada á vida moderna que consta de varias historias curtas nas que Pituquito é o protagonista.

  • Caché con IVE : 561.0 €

  • Caché + produción técnica con IVE : 561.0 €

  • Técnica