#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuíto de apoio á programación de artes escénicas en galego

Catálogo de Espectaculos

Patty Diphusa: Superharte

  • Categoría: +TEATRO

  • Dirixido a: Familiar

  • Duración do espectaculo: 55 min

  • Persoa representante : Mª Inmaculada Ricoy Guijarro

  • Datos de contacto : 619 676 370 - pattypayasa@gmail.com

  • Páxina web do grupo : https://www.pattydiphusa.net/espectaculo

  • Sinopsis da compañia :

    Patty Diphusa é o solo de clown de Malala Ricoy, unha personaxe entrañable e hiperactiva que triunfa con grandes e pequenos. Con este espectáculo ten participado en festivais ao longo de toda España, levando o poder feminino e a forza da bondade alí onde pisa.

  • Sinopsis do espectaculo:

    Como conseguir evitar que o medo che paralice, cando es pequena e todos che din que non podes? A clave está en SUPERHARTE. Un espectáculo cunha mensaxe de empoderamento para o público: vencer o medo e ser capaz de facer o que parece imposible. Buscando a confianza en se mesma e grazas ao apoio do público, Patty conseguirá chegar todo o máis alto. Compartindo polo camiño a alegría da superación constante dos temores máis profundos. Porque por moi difícil que pareza, por moi grande que sexa o globo, por moi tola que sexa a idea, Patty logra con esforzo e ilusión conquistar fazañas que moitos crerían inalcanzables para ela. Porque se che din que non es capaz ti has de facerlles ver que se equivocaban.

  • Caché con IVE : 1028.5 €

  • Caché + produción técnica con IVE : 1028.5 €

  • Técnica