#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuíto de apoio á programación de artes escénicas en galego

Catálogo de Espectaculos

A Xanela do Maxín: O Apalpador e a nena sen medo

  • Categoría: +TEATRO

  • Dirixido a: Dende os 3 anos

  • Duración do espectaculo: 40 min

  • Persoa representante : A Xanela do Maxín

  • Datos de contacto : 635 364 587 - info@axaneladomaxin.com

  • Páxina web do grupo : https://axaneladomaxin.com/espectaculos/o-apalpador-e-a-nena-sen-medo/

  • Sinopsis da compañia :

    A XANELA DO MAXÍN É UNHA COMPAÑÍA PROFESIONAL DE TEATRO DE OBXECTOS, MONICREQUES E FORMAS ANIMADAS QUE COMEZA A SÚA ANDADURA NO ANO 2007 E NA ACTUALIDADE CONTA XA CON MÁIS 30 ESPECTÁCULOS PRODUCIDOS. PARTICIPAMOS ASÍ MESMO, DOS SEGUINTES CIRCUÍTOS: REDE GALEGA DE TEATROS E AUDITORIOS, REDE GALEGA DE SALAS, REDE CULTURAL DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA, REDE DE AUDITORIOS DA DEPUTACIÓN DE OURENSE, LER CONTA MOITO, CIRCUÍTO DE CIUDADISTRITO (MADRID), ENTRE OUTROS NO 2020 PRODUCIU E REALIZAMOS O AUDIOVISUAL “OS TOUPICONSELLOS” PARA O FONDO DE PROXECTOS CULTURAIS DA XUNTA E NO 2021,“TOUPICIENCIA”. NO 2018 PUBLICASE A OBRA “ULA LÚA?”, NO 2019 "O APALPADOR E A NENA SEN MEDO" E “PASANDO A BÓLA”, NO 2020 “A VIAXE DE SAIRA” E NO 2022 “O LIBRO DA TOUPICIENCIA” E "LÚA QUERE VIAXAR A... MARTE!", CO SELO GUINDASTRE EDICIÓNS, CON ARREDOR DE 5.000 EXEMPLARES VENDIDOS.

  • Sinopsis do espectaculo:

    Ideal para o tempo de Nadal, “O Apalpador e a nena sen medo” está recomendado para espazos reducidos como bibliotecas, colexios e salas pequenas cun máximo de público de 70 persoas. O Apalpador trae cada ano desde o Courel castañas, presentes e aquilo que non temos. Por iso a Nena sen medo lle escribiu unha carta moi especial, pedíndolle o que a ela lle faltaba, o seu desexo: palabras para encher o corazón e coas que poder voar en soños. Palabras en galego.

  • Caché con IVE : 540.0 €

  • Caché + produción técnica con IVE : 540.0 €

  • Técnica