#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuíto de apoio á programación de artes escénicas en galego

Catálogo de Espectaculos

La Guajira: ANFIBIA

  • Categoría: +DANZA

  • Dirixido a: Adulto +12

  • Duración do espectaculo: 23 -25 MIN

  • Persoa representante : Ana Beatriz Pérez Enríquez

  • Datos de contacto : 650 681 556 - laguajira523@gmail.com

  • Páxina web do grupo : https://laguajiradanza.com/

  • Sinopsis da compañia :

    La Guajira é un proxecto artístico conformado por Armando Martén, Ana Beatriz Pérez e Ismael Berdei, tres artistas con ampla traxectoria profesional que converxen nun punto común, a expresión artística. La Guajira é onde danza e música entrelázanse rumbo á exploración, a creación e a aprendizaxe mutuos. Armando Martén e Ana Beatriz Pérez son dous artistas de orixe cubana. Ambos foron primeiros bailaríns de Danza contemporánea de Cuba e a vida situounos en Galicia na cidade da Coruña onde levan 24 anos dedicados á danza, base e centro nas súas vidas, tanto a nivel profesional como persoal. Desenvolven a súa carreira non só na escena, senón na docencia, na formación de alumnado de perfil profesional e amateur. Para eles a danza é un estado mental e corporal. Bailar para sentirse mellor, para establecer vínculos coas persoas, para mover corazóns.Durante estes anos en Galicia puideron traballar con varios artistas de teatro e danza e formaron parte de varios proxectos educativos na comunidade. Foron integrantes das compañías Druída Danza, Trespasando, Experimenta Danza e Cía Entremans, onde desenvolveron gran parte do seu traballo, vinculado a Artestudio Xestión Cultural. Obtiveron varios premios de coreografía e interpretación: 3º premio no Certame Coreográfico de Madrid con Trespasando 2001 1º premio no V Certame Coreográfico Burgos-NewYork como Inquedanza mais tarde Cía Entremans 2006. 1º premio no IV Certame Coreográfico de Galicia 2006. Co ánimo de emprender unha nova etapa marcada pola experiencia e o desexo de ir cara a outras procuras, comezan un novo proxecto xunto ao músico e docente Ismael Berdei quen foi o creador das bandas sonoras das últimas creacións: Minguantes e Bionic, e continúa como parte da ecuación, deseñando a banda sonora dos próximos espectáculos. La Guajira é o punto de encontro entre estas dúas ramas artísticas, a música e a danza. O seu nome trae un aroma insular, un ambiente familiar, amable, un espazo que alberga verde na mirada. La Guajira é a oportunidade de empezar un camiño novo, co sedimento que proporciona a experiencia e á vez coa visión actualizada dos novos tempos

  • Sinopsis do espectaculo:

    ANFIBIA é un só de danza, que unifica voz, espazo sonoro e movemento nun acto militante do ser e o estar, de permanecer no aquí e o agora, ao encontro dunha natureza propia e distintiva, co corpo como testemuño. ANFIBIA como metáfora do cambio, do paso do tempo e da capacidade humana de saberse adaptar ao territorio, mutando cara a novas realidades, axustándose a un novo devir. A peza debuxa a unha muller en cambio continuo. A artista que muta para reinventarse, poñendo en valor a vontade, a forza feminina, a fraxilidade e a beleza. SINOPSE. Para adaptarse hai que ter valor, crear unha pel distinta, unha pel que respire, que che axude a fluir, a transitar. Adaptarse non é domesticarse, é a práctica de reencontrarse coa túa propio ser e máis aló do cambio e damuda, sentirse identificada consigo mesma.Cumprir co maior dos propósitos: seguir vivindo.

  • Caché con IVE : 900.0 €

  • Caché + produción técnica con IVE : 1200.0 €

  • Técnica