
#CULTURA
+ESCÉNICAS
Circuíto de apoio á programación de artes escénicas en galego
Catálogo de Espectaculos
- DESEXO. TALÍA TEATRO
- OS CONTOS DO LOBICÁN. REDRUM TEATRO
- O PEQUENO PONI. REDRUM TEATRO
- O SALÓN DOS PASOS PERDIDOS. PAULA QUINTAS CÍA
- CONTOS QUE FORON CHISTES. AVELINO GONZÁLEZ
- ERAN ELAS!. AVELINO GONZÁLEZ
- CHOLA A IT GIRL. ARTESA CÍA
- CHORA PALLASO. JUAN LUIS LAGE
- BACKSTAGE. NEGROLÓPEZ
- MULTIPERSPECTIVAS#3. PAULA QUINTAS CÍA
- CONTOS NA LAREIRA. IVÁN DAVILA
- CONTOS DE TRASNOS E MEIGALLOS. IVÁN DAVILA
- ANIMAIS ARTISTAS E OUTRAS COUSIÑAS. IVÁN DAVILA
- VAIVÉN. MARCIA VÁZQUEZ
- A NENA QUE QUERÍA NAVEGAR. REDRUM TEATRO
- PENÉLOPE: DESTECENDO O VÍNCULO . CONSTANCE HURLÉ
- PERDER A LINGUA . CIA.EVA COMESAÑA
- PUM PUM QUEN HAI?. ÁRTIKA CÍA
- MOSCA. ÁRTIKA CÍA
- NON PASARÁN. ÁRTIKA CÍA
- SOÑOS. ARTEFEITO PRODUCIONS S. COOP. GALEGA
- ROCK AND MAGIC. MAGO TETO
- AS NOSAS LETRAS. MAGO TETO
- BAMBOLINA. A FARRA XOUS
- A VIDA, UN FRENESÍ. A FARRA XOUS
- O CAMIÑO DO AFIADOR. MAGO TETO
- GLOBOTOLO. A FARRA XOUS
- OS OURIZOS AGAROMOSOS. O MUSICAL.. A FARRA XOUS
- PEQUENAS GRANDES MAXIAS. MAGO TETO
- A PARÁBOLA DO ANGAZO. TALÍA TEATRO
- VOA, VOA!. TALÍA TEATRO
- A ILLA DA DESLEMBRANZA. ÁRTIKA CÍA
- HOXE SI!. SEMPRE ARRIBA
- C´EST PAS POSSIBLE. SEMPRE ARRIBA
- ASFIXIA. VÓRTICE ESCÉNICO
- TITIRICIRCUS. TANXARINA
AANTENA: SOL FUERZA
Categoría: +TEATRO
Dirixido a: ADULTO
Duración do espectaculo: 105min
Persoa representante : URDIME, S. COOP. GALEGA
Datos de contacto : 619 920 335 - comunicacion@urdime.net
Páxina web do grupo : https://urdime.gal/espectaculos/Sol%20Fuerza/
Sinopsis da compañia :
Bernardino Martínez e Xosé Leis xuntan os seus camiños e esforzos creando aAntena no ano 2016. aAntena nace coa misión de escoitar e atender esas pequenas historias que fan grande a nosa realidade humana e expón como principio atender á nosa sociedade e á nosa historia para expoñela diante dos ollos da audiencia. Pretende escoitar e falar para todas as idades. O compromiso social e histórico dos compoñentes así como a procura da xeración e atmosferas e novas realidades en escena é o desencadeamento do xerme de aAntena. A compañía traballa en dúas liñas claras: Igualdade e Recuperación do noso patrimonio invisible. A súa experiencia pasa polo Teatro Comunitario e recollida “As voces das mulleres” e a xestión do Festival Escena Muller apoiados pola Deputación da Coruña. Así como a continuidade do espectáculo “Golpes” coa Secretaría Xeral de Igualdade. En 2022 estreou ‘Relato para un incendio’.
Sinopsis do espectaculo:
Nos anos 90, Heliodoro Vicente soñaba cun futuro radiante: Galicia iluminada grazas ao Sol Fuerza. Un invento prometedor que pretendía substituír o petróleo pola enerxía do sol. Pero xa sabemos como é a sorte en Galicia: cando non chove, o toxo prende lume, e o soño de Heliodoro apagouse antes de brillar. Pero esta historia non comeza aí. Xa nos anos 50, un tal Filek, máis listo que fame, paseaba por España vendendo auga de río coma se fose ouro negro. Chegou incluso a enganar a Franco, todo un logro histórico, mentres as aldeas seguían esperando un milagre que nunca chegou. E agora, no presente, entre muíños de vento, placas solares e promesas ecolóxicas, atopámonos cunha Galicia que dubida: progreso ou colonización? A historia repítese, as respostas complícanse e nós quedamos preguntándonos: é isto o futuro ou unha boa mentira ben contada? Unha sátira da compañía aAntena cargada de humor e crítica no caos da transición enerxética onde as verdades e as mentiras se mesturan.
Caché con IVE : 3184.0 €
Caché + produción técnica con IVE : 3784.0 €