#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuíto de apoio á programación de artes escénicas en galego

Catálogo de Espectaculos

FRAN SIEIRA COMPAÑÍA DE DANZA: COREOGRAFÍAS DUN DEMENTE_exterior

  • Categoría: +DANZA

  • Dirixido a: ADULTO

  • Duración do espectaculo: 30min

  • Persoa representante : URDIME, S. COOP. GALEGA

  • Datos de contacto : 619 920 335 - comunicacion@urdime.net

  • Páxina web do grupo : https://urdime.gal/espectaculos/Coreograf%C3%ADas%20dun%20DeMente/

  • Sinopsis da compañia :

    Fran Sieira Compañía de Danza foi creada para poñer en valor o folclore galego como ferramenta de inspiración e de expresión. En 2022 a compañía estreou DeMente, unha obra que aborda o estigma das patoloxías de saúde mental desde o baile e a música tradicional e que tivo unha gran acollida. Ese ano a obra formou parte da programación de Camino Escena Norte e foi finalista en sete categorías dos Premios Max, entre os cales ao mellor espectáculo de danza. En 2023 a compañía formou parte da programación do Festival Internacional de Teatro de Manizales (Colombia), a Fira Mediterrània de Manresa (Catalunya) e a Red Acieloabierto, a rede estatal de festivais de danza contemporánea en espazos non convencionais. En 2024, a compañía estrea CEIBE un novo espectáculo de baile e música tradicional de que afonda na relación entre os roles de xénero e a nosa tradición. A compañía naceu en 2017 como un paso máis na carreira artística de Fran Sieira, un dos nomes de referencia na danza tradicional do país que, como bailador, formou parte de compañías profesionais galegas como GS21, Quique Peón e Cía e Nova Galega de Danza.

  • Sinopsis do espectaculo:

    Un extracto de 30 minutos de duración do espectáculo “DeMente” en diurno, sen iluminación e escenografía, onde se plasma a esencia das coreografías grupais máis representativas da peza. DeMente é unha obra de baile e música tradicional de Fran Sieira Compañía de Danza que aborda o estigma das patoloxías vinculadas á saúde mental. En escena, a coreografía amosa a evolución histórica que sufriron, e sofren, as persoas con trastornos de saúde mental: desde a reclusión practicamente carceraria ata as contencións químicas. En 2023, a peza estivo programada no Festival Internacional de Teatro de Manizales (Colombia), a Fira Mediterrània de Manresa (Catalunya) e a Red Acieloabierto, a rede estatal de festivais de danza contemporánea en espazos non convencionais DeMente foi un dos espectáculo seleccionado en FETÉN 2023. En 2022, foi finalista en sete categorías dos Premios Max, entre os cales ao mellor espectáculo de danza, e formou parte da programación de Camino Escena Norte.

  • Caché con IVE : 5325.0 €

  • Caché + produción técnica con IVE : 6000.0 €

  • Técnica