#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuíto de apoio á programación de artes escénicas en galego

Catálogo de Espectaculos

A Feroz: Frío

  • Categoría: +TEATRO

  • Dirixido a: todos os públicos

  • Duración do espectaculo: 75 minutos

  • Persoa representante : Amarelo - Lilian Portela

  • Datos de contacto : 610 106 808 - lilian@amarelo.es

  • Páxina web do grupo : https://aferoz.gal/frio

  • Sinopsis da compañia :

    A Feroz Sociedade Coop. Galega nace no 2016 ca ansia de dar contexto ao noso amor. Amor. Amor pola verdade, polos proxectos honestos, por contar dende as tripas o que nos sucede, pola mestura das artes, de disciplinas, de ciencias, de corpos e de miradas. Esta compañía nace coa vontade clara de trascender xuntos as nosas barreiras persoais para poñer en común en escena as preguntas e todas as posibles respostas. Nacemos á vida como promesa. Todo o que temos queda depositado aí, na posibilidade infinita de chegar a ser todo o que se pode ser a través da arte.

  • Sinopsis do espectaculo:

    FRÍO é un espectáculo de teatro físico e máscaras con música en directo que se inspira na extraordinaria historia de Nikolái Gógol, O abrigo. É un espectáculo de teatro físico e máscaras con música en directo. Unha fábula máxica que fala do fatum, o desexo e a morte na roda imparable dunha sociedade guiada pola ansia de ter para ser, e de lucir para ser visto. En FRÍO os personaxes imaxinados por Gógol transmutan en forzas simbólicas que acompañan o desexo de Akaki e os seus esforzos por logralo.A través dos símbolos trasladámonos a un espazo e un tempo universais que se ven amplificados coa forza escénica da máscara e a melodía.

  • Caché con IVE : 4900.0 €

  • Caché + produción técnica con IVE : 5989.0 €

  • Técnica