#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuíto de apoio á programación de artes escénicas en galego

Catálogo de Espectaculos

FANTOCHES BAJ: NOVOS LOBOS

  • Categoría: +TEATRO

  • Dirixido a: INFANTIL. +5

  • Duración do espectaculo: 50min

  • Persoa representante : URDIME, S. COOP. GALEGA

  • Datos de contacto : 619 920 335 - comunicacion@urdime.net

  • Páxina web do grupo : https://urdime.gal/espectaculos/Novos%20lobos/

  • Sinopsis da compañia :

    Fantoches Baj é unha compañía creada inicialmente en Portugal por Inacio Vilariño no ano 2006. Desde aquela o seu campo de interese céntrase no teatro de monicreques entendidos dunha forma ampla. Desde a proposta máis tradicional dos bonecos de luva e variña do primeiro espectáculo Tío Miseria (2007), a unha progresiva apertura a outras formas máis contemporáneas do teatro de obxectos como no seu espectáculo O Asombro (2010) ou a utilización do kamishibai xaponés en As Pombas de Carboeiro. Na actualidade son moitos xa os espectáculos no haber da compañía. Entre os máis recentes Os Golfiños e o xigante, traballo polo que obtivo o premio Barriga verde de textos para teatro de monicreques na modalidade infantil, Novos Lobos e Pedro e o Lobo.

  • Sinopsis do espectaculo:

    Novos lobos é un espectáculo de narración oral no que se aborda a igualdade de xénero e a non violencia desde a perspectiva das novas masculinidades. Nel, deconstrúense algúns contos da literatura popular coa vontade de ofrecer ferramentas que fomenten a paz e axuden a prever a violencia de xénero. Ao pé dun minúsculo refuxio contra a chuvia e o vento, un pastor, Xan de Outeiro, cóntalle a un grupo de xente que anda de ruta pola montaña historias de lobos. Lobos que xa non meten medo, como o de San Froilán, quen trocou a súa ansia devoradora de carne pola dos libros, ou o lobo que non comeu a avoíña do pastor porque lle contou historias de cando estivo na Habana. Contos todos cos que se amosa que a tradición oral serve tamén para fomentar a paz e a igualdade.

  • Caché con IVE : 650.0 €

  • Caché + produción técnica con IVE : 1090.0 €

  • Técnica