
#CULTURA
+ESCÉNICAS
Circuíto de apoio á programación de artes escénicas en galego
Catálogo de Espectaculos
- DESEXO. TALÍA TEATRO
- OS CONTOS DO LOBICÁN. REDRUM TEATRO
- O PEQUENO PONI. REDRUM TEATRO
- O SALÓN DOS PASOS PERDIDOS. PAULA QUINTAS CÍA
- CONTOS QUE FORON CHISTES. AVELINO GONZÁLEZ
- ERAN ELAS!. AVELINO GONZÁLEZ
- CHOLA A IT GIRL. ARTESA CÍA
- CHORA PALLASO. JUAN LUIS LAGE
- BACKSTAGE. NEGROLÓPEZ
- MULTIPERSPECTIVAS#3. PAULA QUINTAS CÍA
- CONTOS NA LAREIRA. IVÁN DAVILA
- CONTOS DE TRASNOS E MEIGALLOS. IVÁN DAVILA
- ANIMAIS ARTISTAS E OUTRAS COUSIÑAS. IVÁN DAVILA
- VAIVÉN. MARCIA VÁZQUEZ
- A NENA QUE QUERÍA NAVEGAR. REDRUM TEATRO
- PENÉLOPE: DESTECENDO O VÍNCULO . CONSTANCE HURLÉ
- PERDER A LINGUA . CIA.EVA COMESAÑA
- PUM PUM QUEN HAI?. ÁRTIKA CÍA
- MOSCA. ÁRTIKA CÍA
- NON PASARÁN. ÁRTIKA CÍA
- SOÑOS. ARTEFEITO PRODUCIONS S. COOP. GALEGA
- ROCK AND MAGIC. MAGO TETO
- AS NOSAS LETRAS. MAGO TETO
- BAMBOLINA. A FARRA XOUS
- A VIDA, UN FRENESÍ. A FARRA XOUS
- O CAMIÑO DO AFIADOR. MAGO TETO
- GLOBOTOLO. A FARRA XOUS
- OS OURIZOS AGAROMOSOS. O MUSICAL.. A FARRA XOUS
- PEQUENAS GRANDES MAXIAS. MAGO TETO
- A PARÁBOLA DO ANGAZO. TALÍA TEATRO
- VOA, VOA!. TALÍA TEATRO
- A ILLA DA DESLEMBRANZA. ÁRTIKA CÍA
- HOXE SI!. SEMPRE ARRIBA
- C´EST PAS POSSIBLE. SEMPRE ARRIBA
- ASFIXIA. VÓRTICE ESCÉNICO
- TITIRICIRCUS. TANXARINA
La Macana: No Title Yet
Categoría: +DANZA
Dirixido a: Todos os públicos
Duración do espectaculo: 50
Persoa representante :
Datos de contacto : 670 279 805 - info@lamacana.es
Páxina web do grupo : https://lamacana.es/no-title-yet/
Sinopsis da compañia :
La Macana é unha compañía galega de danza, creada en 2009 por Caterina Varela e Alexis Fernández. Ela é bailarina, coreógrafa, produtora e directora de diversos proxectos de promoción das artes performativas e el é un recoñecido bailarín e coreógrafo galego, de orixe cubana. Na súa traxectoria recibiron diferentes premios e os seus traballos gozan dunha boa acollida nos circuítos internacionais, presentándose en máis de trinta países e colaborando con diferentes artistas e teatros europeos. Os que coñecen La Macana agardan unha obra con forte material físico e unha estreita relación co público. A autobiografía é a principal fonte de inspiración.
Sinopsis do espectaculo:
NO TITLE YET desenvólvese arredor do traballo do artista plástico francés Vladimir Cruells. Xurdiu da inquedanza por descubrir novas formas de relacionarse co espazo e o movemento, e comezou a xerminar grazas ao compromiso de Carolyn Carlson co noso traballo logo de que a nosa primeira peza, VEN, fose programada no Atelier de París. A invitación a residir no Centro Coreográfico Nacional que ela dirixía en Roubaix (Francia) permitiunos descubrir novas formas de producir linguaxe baseada en pautas distintas ás que coñecíamos, moi influenciadas pola particularidade de colaborar cun artista plástico. En NO TITLE YET, Alexis Fernández leva ao espectador a un espectáculo físico, tenro, divertido e animal, onde o corpo móvese libremente ata os seus propios límites, transformando o espazo de forma natural.
Caché con IVE : 2100.0 €
Caché + produción técnica con IVE : 3200.0 €