#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuíto de apoio á programación de artes escénicas en galego

Catálogo de Espectaculos

M&M: O ENCONTRO

  • Categoría: +TEATRO

  • Dirixido a: +15

  • Duración do espectaculo: 54'

  • Persoa representante : MARCOS DIOS AGUADO

  • Datos de contacto : 635 271 671 - marcosdios@hotmail.com

  • Páxina web do grupo : https://drive.google.com/file/d/1OjMuaSpfs0YGRVZlg9Hs7AP_AdNjce-s/view?usp=sharing

  • Sinopsis da compañia :

    M&M xuntáronse no 2016 con vontade de realizar a súa propia procura artística baseada no encontro dos monicreques, o movemento e a plástica. Investigan con monicreques híbridos de tamaño humano, bunraku, máscara, sombras, mino, danza e música electrónica e exploran as posibilidades escénicas dos audiovisuais. O Encontro, é o peche aos seus primeiros anos de investigación, que coincidiu co bicentenario da publicación de Frankenstein de Mary Shelley, que supuxo un fito no nacemento do "xénero" de terror. Teñen feito tamén Lamiak, Trasnos e historias Baskas, obradoiros de creación de monicreques e manipulación e pasarrúas con monicreques.

  • Sinopsis do espectaculo:

    E se Mary Shelley e Edgar Allan Poe se tivesen coñecido? Dous personaxes que polas circunstancias non poideron atoparse en vida e ainda así a Historia e o tempo obrigaron a enxendrar conxuntamente o que viría a chamarse xénero de terror. Partindo dun tótem que representa a cada un, por diferentes motivos, artéllase o encontro dos seus mundos simbólicos y reais. É unha viaxe un pouco surrealista polo universo do autocoñecemento, o amor, as apariencias, a inspiración, os desexos e o "Medo". Amósannos unha presenza da morte e un peso do inexorable que se fan constantes e que finalmente utilizan como espello colectivo. De onde ven e como funciona o terror, o medo, como xénero, como ferramenta ou soporte artístico? Monicreques híbridos de tamaño humanao, monicreques de mesa, máscara, mimo, danza, audiovisuais, sombras e música electrónica orixinal para guiarnos nesta viaxe poética e onírica.

  • Caché con IVE : 2420.0 €

  • Caché + produción técnica con IVE : 3300.0 €

  • Técnica