#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuíto de apoio á programación de artes escénicas en galego

Catálogo de Espectaculos

Luis Vallecillo: Neofalante

  • Categoría: +TEATRO

  • Dirixido a: Familiar-Infantil

  • Duración do espectaculo: 50

  • Persoa representante : Luis Vallecillo González

  • Datos de contacto : 606 647 213 - info@luisvallecillo.gal

  • Páxina web do grupo : https://www.luisvallecillo.gal/espectaculos/neofalante/

  • Sinopsis da compañia :

    Luis Vallecillo González, compositor, músico e titiriteiro, así como Técnico en Animación Sociocultural, comeza no 2007 a su andaina en solitario neste proxecto, tendo creados os seguintes espectáculos: Cantamos un Conto? (2011) O Bigote de Mimí (2016) O Mundo de Carliños (2017) Cantamos? (2018) A Linguaxe Esquecida (2020) A Igualdade non ten idade (2021) E autor e produtor de catro pezas para Títeres “Na Busca da Arte”, “A Caixa de Nuk” “O Murmurio do Mar” e “Só Lles Falta Falar”, así como coautor e produtor doutras tres “Chincha Rabincha”, “A Pequena Lúa” e “O Rei Destronado”, participando coas mesmas nos distintos circuitos profesionais de Galicia e aos que asistiu a diferentes festivais tales como: Juglares (Córdoba-Arxentina),  Titirisanse (Madrid), Galicreques (Santiago), UNIMA CYL (Soria), Titirideza (Lalín), Salta (Arxentina), entre outros. Por outra banda produciu á vez que distribúe e interpreta os contacontos con monicreques “Os Libros do Titiritero” e “Titeremusicontos”, sendo neste último o compositor e interprete da música que se representa en directo, ó igual que en “O Murmurio do Mar”

  • Sinopsis do espectaculo:

    Con moita Música, Monicreques e Maxia!!! Luis quere festexar os seus “20 anos vivindo en galicia”cun este espetáculo…. e convida a todas aquelas persoas que tiveron como primeira lingua o castelán a gozar das vantaxes de ser “Neofalante” e gozar dese modo das experiencias que nos ofrece o idioma de Rosalia de Castro, Álvaro Cunqueiro, Luisa Villalta, e tantas outras…..lembrando dese modo a tod@s aquel@s galeg@s que o teñen un pouco esquecido…. a importancia de falalo, lelo e sobre todo escribilo….. para non esquecelo…… como sempre cunha chea de humor, cancións, bailes e xogos…… será unha festa en Galego!!!

  • Caché con IVE : 790.0 €

  • Caché + produción técnica con IVE : 790.0 €

  • Técnica