#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuíto de apoio á programación de artes escénicas en galego

Catálogo de Espectaculos

MIGALLAS TEATRO: GARAVANCIÑA.CONTOS CON MÚSICA

  • Categoría: +TEATRO

  • Dirixido a: Familiar a partir de 1 ano

  • Duración do espectaculo: 40 minutos

  • Persoa representante : MIGALLAS TEATRO, S.L.

  • Datos de contacto : 618 813 071 - migallas@migallas.gal

  • Páxina web do grupo : https://migallas.gal/garavancinha/

  • Sinopsis da compañia :

    Migallas Teatro realizou desde a súa fundación no ano 1992 máis de 1700 representacións de máis dunha trintena de espectáculos diferentes creados pola propia compañía. Alén disto, leva coordinado a creación de máis de medio cento de montaxes teatrais con rapaces e rapazas de entre 7 e 18 anos. Bea Campos é actriz, narradora e directora teatral, licenciada en arte dramática pola ESAD de Galicia. Dende moi nova, comezou a contar contos, realizou milleiros de actuacións e levou as súas historias ata o outro lado do mar, participando en festivais de artes escénicas en América Latina. No mundo do teatro tamén traballa na compañía Inventi Teatro e participou como actriz en diferentes compañías. É formadora no ámbito da expresión dramática, narración oral e literatura infantil. Tamén colaborou nun gran número de proxectos audiovisuais e na canle de difusión de literatura infantil “Kalandraka TV” achegando o mundo do libro a nenos/as e maiores.

  • Sinopsis do espectaculo:

    “Garavanciña” é unha peza teatral que trae a maxia dos contos clásicos, unha divertida aventura de monicreques, cancións e narración oral interpretada por Bea Campos. Un espectáculo con monicreques, teatro, xogos tradicionais e cancións. Unha proposta coidada e visual a partir dun dos contos tradicionais máis coñecidos da literatura infantil. Nesta adaptación, dáselles unha volta aos roles tradicionais mantendo a fantasía desta fermosa historia. Un conto de sempre que achega os costumes do pobo. Idades recomendadas a partir de un ano. Obxectivos: Romper cos roles tradicionais de xénero Coñecer e valorar os contos clásicos Pasalo ben

  • Caché con IVE : 600.0 €

  • Caché + produción técnica con IVE : 748.0 €

  • Técnica