
#CULTURA
+ESCÉNICAS
Circuíto de apoio á programación de artes escénicas en galego
Catálogo de Espectaculos
- DESEXO. TALÍA TEATRO
- OS CONTOS DO LOBICÁN. REDRUM TEATRO
- O PEQUENO PONI. REDRUM TEATRO
- O SALÓN DOS PASOS PERDIDOS. PAULA QUINTAS CÍA
- CONTOS QUE FORON CHISTES. AVELINO GONZÁLEZ
- ERAN ELAS!. AVELINO GONZÁLEZ
- CHOLA A IT GIRL. ARTESA CÍA
- CHORA PALLASO. JUAN LUIS LAGE
- BACKSTAGE. NEGROLÓPEZ
- MULTIPERSPECTIVAS#3. PAULA QUINTAS CÍA
- CONTOS NA LAREIRA. IVÁN DAVILA
- CONTOS DE TRASNOS E MEIGALLOS. IVÁN DAVILA
- ANIMAIS ARTISTAS E OUTRAS COUSIÑAS. IVÁN DAVILA
- VAIVÉN. MARCIA VÁZQUEZ
- A NENA QUE QUERÍA NAVEGAR. REDRUM TEATRO
- PENÉLOPE: DESTECENDO O VÍNCULO . CONSTANCE HURLÉ
- PERDER A LINGUA . CIA.EVA COMESAÑA
- PUM PUM QUEN HAI?. ÁRTIKA CÍA
- MOSCA. ÁRTIKA CÍA
- NON PASARÁN. ÁRTIKA CÍA
- SOÑOS. ARTEFEITO PRODUCIONS S. COOP. GALEGA
- ROCK AND MAGIC. MAGO TETO
- AS NOSAS LETRAS. MAGO TETO
- BAMBOLINA. A FARRA XOUS
- A VIDA, UN FRENESÍ. A FARRA XOUS
- O CAMIÑO DO AFIADOR. MAGO TETO
- GLOBOTOLO. A FARRA XOUS
- OS OURIZOS AGAROMOSOS. O MUSICAL.. A FARRA XOUS
- PEQUENAS GRANDES MAXIAS. MAGO TETO
- A PARÁBOLA DO ANGAZO. TALÍA TEATRO
- VOA, VOA!. TALÍA TEATRO
- A ILLA DA DESLEMBRANZA. ÁRTIKA CÍA
- HOXE SI!. SEMPRE ARRIBA
- C´EST PAS POSSIBLE. SEMPRE ARRIBA
- ASFIXIA. VÓRTICE ESCÉNICO
- TITIRICIRCUS. TANXARINA
Tarabela Creativa: A Tarabela Ambulante: IDEA.
Categoría: +TEATRO
Dirixido a: Infantil-familiar (+4 anos)
Duración do espectaculo: 50 minutos
Persoa representante : Tarabela Creativa
Datos de contacto : 654 363 031 - info@tarabelacreativa.com
Páxina web do grupo : www.tarabelacreativa.com
Sinopsis da compañia :
Tarabela Creativa é unha compañía asentada en Lugo e fundada por Diego Gallego e por Carmen Conde que reúne sendas traxectorias profesionais en distintos ámbitos: Diego, procedente do mundo da produción e da xestión comercial; Carmen, guionista, narradora e dramaturga. Perseguen dúas vocacións: a primeira, contar historias a través das artes escénicas e do audiovisual... A segunda, un fundamental labor de plantar a semente dos futuros contadores e contadoras en diverso formato a través da formación. Baixo o seu selo teñen escrito e producido varios espectáculos de narración oral para público adulto e infantil, con grande presencia tanto en teatros e auditorios de Galicia, coma en festivais de diverso corte: “Elas Son Artistas”, “Agrocuir”, “De perto”, “A boca chea”, “Sete falares”, “Oikonomos”, “Festival Escena Muller”... A base de todo o traballo de Tarabela Creativa fundaméntase nas recollidas, que despois supoñen un arquivo e un repositorio dos que parten toda a escrita e a posta en escena. Crearon a miniserie web “Premios Darwin”, así como a serie dixital sobre a historia da música en Galicia “Quéreme soar!” para a Secretaría Xeral de Política Lingüística. Así mesmo, ocupáronse da dirección artística, guión e presentación dos IX Premios Martín Códax da Música Galega.Teñen como eixos fundamentais a ruralidade, o silenciado e as disidencias. Deste xeito, Tarabela Creativa completa a súa filosofía de achegar relatos que, tendo a súa orixe no común e corrente, alcanzan altas cotas de extraordinario.
Sinopsis do espectaculo:
QUE PASARÍA SE DEIXÁSEMOS ENTRAR AO ABURRIMENTO? Se as nenas e nenos non tiveran pantallas, se os seus xoguetes non tiveran luces, música e mil estímulos e se por un momento non houbera nada concreto que facer? Se houbera xoguetes de mecanismos e materiais básicos soamente? Pois quizáis, tras uns minutos de queixa, a súa mente poñeríase a buscar, porque dende logo unha cabeciña aburrida non é unha cabeza quieta. E acó vénun segredo: esa é exactamente a porta á imaxinación e á fantasía. ESTA É A HISTORIA DE MARIÑA, UNHA NENA QUE GRAZAS AO ABURRIMENTO SE CONVERTE EN IDEA! O seu pensamento ten forma de tarabela de cores. Unha tarabela de 2,20m de altura que cada vezque xira fará que se lle vaian ocorrendo un lote de ideas mentres xoga na súa habitación. Así, irase enfrontando a dragóns, a xigantes, aprenderá a usar o inxenio e ata tocará o violoncello. Usará a linguaxe do xogo, mediante a cal poderemos entrar no seu universo, no que encarnará a distintos personaxes fantásticos. E a iso tamén nos axudarán os seus enormes xoguetes, a música, os efectos sonoros e o vestiario. CAL É A MENSAXE?. O aburrimento, ao que se lle pecharon as portas nestes tempos é, en realidade, un ben necesario para a educación dos nenos e das nenas. O caldo de cultivo para a súa creatividade, para aprender a estar consigo mesmos, como forza motora e impulso prosocial. Amplamente estudado: sen aburrimento, o futuro pinta mal.
Caché con IVE : 1210.0 €
Caché + produción técnica con IVE : 1210.0 €